Pobo xitano: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: mr:रोमा जिप्सी |
m r2.7.1) (Bot: Engado: gag:Çingenelär |
||
Liña 42: | Liña 42: | ||
[[fr:Roms]] |
[[fr:Roms]] |
||
[[fy:Roma (folk)]] |
[[fy:Roma (folk)]] |
||
[[gag:Çingenelär]] |
|||
[[he:צוענים]] |
[[he:צוענים]] |
||
[[hi:रोमा (लोग)]] |
[[hi:रोमा (लोग)]] |
Revisión como estaba o 19 de marzo de 2012 ás 08:57
O pobo xitano, ou pobo romaní, é un grupo étnico que vive principalmente no sur e leste de Europa, Asia occidental, Latinoamérica, nos Estados Unidos de América e no Oriente Medio. Crese que a súa orixe provén das rexións indias do Rajasthan e do Punjab. Ó redor do ano 1050 comezaron as súas emigracións cara a Europa e ó norte de África a través do Irán.
Tradicionalmente os xitanos falan diversos dialectos da lingua romaní, unha lingua Indoariana. A día de hoxe, a maioría dos xitanos falan a lingua dominante na súa rexión de residencia.
Actualmente en Galicia hai unha pequena comunidade xitana duns 9.000 individuos, en España a comunidade xitana é moito maior, duns 600.000, vivindo principalmente nas comunidades de Andalucía, Madrid e Cataluña.
Historia
- Artigo principal: Historia do pobo xitano.
A palabra "xitano" procede de "exiptano", porque no século XV se pensaba que os xitanos procedían de alí. Cando penetraron en Europa, moitos grupos de xitanos presentábanse a si como "nobres exipcianos"; así en 1425, dous rom pediron un salvoconduto ao rei Xoán II de Aragón, no que se facían chamar "condes do Exipto Menor". A palabra "calé" parece proceder do indostaní kâla, que significa "negro".