Lago Onega: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (Bot: Engado: el:Λίμνη Ονέγκα |
m Bot: Engado: vep:Änine |
||
Liña 58: | Liña 58: | ||
[[tr:Onega Gölü]] |
[[tr:Onega Gölü]] |
||
[[uk:Онезьке озеро]] |
[[uk:Онезьке озеро]] |
||
[[vep:Änine]] |
|||
[[vi:Hồ Onega]] |
[[vi:Hồ Onega]] |
||
[[zh:奥涅加湖]] |
[[zh:奥涅加湖]] |
Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2012 ás 02:34
O lago Onega (en ruso Онежское озеро) é o segundo maior lago de Europa en extensión, despois do lago Ladoga. Sitúase no noroeste da Rusia europea, na provincia da Carelia. A súa superficie é de 9 616 km², cunha lonxitude de 248 km (de norte a sur) e anchura de 91,6 km. A superficie da auga está a 33 m abaixo do nivel do mar, e a súa profundidade máxima é de 127 m. Contén centenas de illas e illotes, sendo a máis coñecida Kizhi, onde se acha un conxunto de igrexas en madeira clasificado pola UNESCO como Patrimonio Mundial.
Ao lago aflúen decenas de ríos. O seu emisario, o río Svir, desauga no Lago Ladoga. Así, o lago está ligado indirectamente ao Mar Branco polo río Dvina, ao Mar Caspio e ao Mar Negro polo Volga, e ao Mar Báltico polo Svir.
A maior cidade situada nas marxes do Onega é Petrozavodsk, capital da Carelia.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lago Onega |