Neurohipófise: Diferenzas entre revisións
Liña 14: | Liña 14: | ||
;Eminencia media: Só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise. <ref>MeshName - Median+eminence [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Median+eminence]</ref> |
;Eminencia media: Só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise. <ref>MeshName - Median+eminence [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=Median+eminence]</ref> |
||
Unhas poucas fontes inclúen a [[pars intermedia]] da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha |
Unhas poucas fontes inclúen a [[pars intermedia]] da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a [[adenohipófise]] á longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise. |
||
==Hormonas segregadas== |
==Hormonas segregadas== |
Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2012 ás 20:42
Este artigo está a ser traducido ao galego por un usuario desta Wikipedia; por favor, non o edite. O usuario Miguelferig (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 12 anos. Se o usuario non publica a tradución nun prazo de trinta días, procederase ó seu borrado rápido. |
Precursor = Tubo neural (crecemento inferior do diencéfalo)[1] |
A neurohipófise ou pituitaria posterior comprende o lóbulo posterior da hipófise ou pituitaria do encéfalo e forma parte do sistema endócrino. Malia o seu nome, a neurohipófise non é unha verdadeira glándula per se; senón máis ben está formada en grande parte por un conxunto de proxeccións axónicas procedentes do hipotálamo que terminan alí. Almacena e segrega hormonas, pero estas sintetizáronse no hipotálamo.
Anatomía
A neurohipófise consta principalmente de proxeccións de neuronas (axóns) que proceden dos núcleos supraópticos e núcleos paraventriculares do hipotálamo. Estes axóns liberan hormonas peptídicas nos capilares hipofisarios. Ademais dos axóns, a neurohipófise tamén contén pituicitos, que son células gliais especializadas parecidas a astrocitos.
A división anatómica da neurohipófise varía, pero a maioría das fontes divídena en tres rexións:
- Pars nervosa
- Tamén chamada lóbulo neural ou lóbulo posterior. Esta rexión constitúe a maioría do volume da neurohipófise e é o lugar onde se almacenan as hormonas oxitocina e vasopresina. Ás veces considérase (incorrectamente) sinónimo de neurohipófise. A pars nervosa inclúe os corpos de Herring e pituicitos. [2]
- Talo infundibular
- Tamén chamado infundíbulo ou talo da pituitaria. O talo infundibular une os sistemas hipotalámico e hipofisario.
- Eminencia media
- Só ás veces se inclúe como parte da neurohipófise. Outras fontes exclúena especificamente da hipófise. [3]
Unhas poucas fontes inclúen a pars intermedia da hipófise na neurohipófise, pero esta é unha opinión minoritaria. Os partidarios desta opción baséanse en que hai unha grosa separación anatómica entre a neurohipófise e a adenohipófise á longo dos restos da bolsa de Rathke, que fai que a pars intermedia permaneza unida á neurohipófise.
Hormonas segregadas
As hormonas que se liberan na neurohipófise son sintetizadas polo hipotálamo, pero se almacenan e segregan na neurohipófise á circulación sanguínea.
Hormona | Outros nomes | Símbolo(s) | Diana | Efecto | Fonte |
---|---|---|---|---|---|
Oxitocina | Pitocina (nome comercial) | OT | Útero, glándula mamamria | Contraccións uterinas; lactación | núcleos supraópticos e paraventriculares |
Vasopresina (hormona antidiurética) | Arxinina-vasopresina, arxipresina, hormona antidiurética | VP, AVP, ADH | Riles ou arteriolas | Estimula a retención de auga; eleva a presión sanguínea ao contraer as arteriolas, produce agresividade nos machos | núcleos supraópticos e paraventriculares |
Enfermidades
Unha secreción insuficiente de vasopresina favorece a diabetes insipidus, na cal o corpo perde a capacidade de concentrar a urina. Os individuos afectados excretan ata 20 litros de urina diluída diariamente. O exceso de secreción de vasopresina causa a síndrome de secreción inadecuada de hormona antidiurética (SIADH).
Galería de imaxes
-
A neurohipófise comprende o lóbulo posterior da glándula hipofisaria.
-
Núcleos hipotalámicos