Ácido N-acetilmurámico: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 37: Liña 37:
|}
|}


O '''ácido N-acetilmurámico''' ou '''MurNAc''' é un [[monosacárido]] orixinado pola unión por enlace [[éter]] do [[ácido láctico]] coa [[N-acetilglicosamina]]. É un [[aminoazucre]] acetilado e un [[azucre ácido]], xa que leva un [[grupo amino]] (acetilado) e un grupo [[carboxilo]] (COOH) <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=12917652 N-acetyl-alpha-muramic acid]</ref>.
O '''ácido N-acetilmurámico''' ou '''MurNAc''' é un [[monosacárido]] orixinado pola unión por enlace [[éter]] do [[ácido láctico]] coa [[N-acetilglicosamina]]. É un [[aminoazucre]] acetilado e un [[azucre ácido]], xa que leva un [[grupo amino]] (acetilado por incorporación dun grupo -CO-CH<sub>3</sub>) e un grupo [[carboxilo]] (COOH) <ref>PubChem compound [http://pubchem.ncbi.nlm.nih.gov/summary/summary.cgi?cid=12917652 N-acetyl-alpha-muramic acid]</ref>.
Forma parte do [[peptidoglicano]] da [[parede celular]] [[bacteria]]na, que está constituído por unidades alternantes do ácido N-acetilmurámico e de N-acetilglicosamina, xunto con [[péptido]]s (que se unen aos residuos de ácido láctico do ácido N-acetilmurámico).
Forma parte do [[peptidoglicano]] da [[parede celular]] [[bacteria]]na, que está constituído por unidades alternantes do ácido N-acetilmurámico e de N-acetilglicosamina, xunto con [[péptido]]s (que se unen aos residuos de ácido láctico do ácido N-acetilmurámico).



Revisión como estaba o 7 de decembro de 2011 ás 19:51

Ácido N-acetilmurámico



Nome IUPAC Ácido (2R)-2-[(2R,3R,4R,5R)
-2-acetamido-4,5,6-trihidroxi
-1-oxohexano-3-il]oxipropanoico
Outros nomes MurNAc
Fórmula empírica C11H19NO8
Masa molecular 293.27 g/mol
Estado físico/Cor
Número CAS 10597-89-4
Propiedades
Densidade
Punto de fusión
Punto de ebulición
Solubilidade en auga

O ácido N-acetilmurámico ou MurNAc é un monosacárido orixinado pola unión por enlace éter do ácido láctico coa N-acetilglicosamina. É un aminoazucre acetilado e un azucre ácido, xa que leva un grupo amino (acetilado por incorporación dun grupo -CO-CH3) e un grupo carboxilo (COOH) [1]. Forma parte do peptidoglicano da parede celular bacteriana, que está constituído por unidades alternantes do ácido N-acetilmurámico e de N-acetilglicosamina, xunto con péptidos (que se unen aos residuos de ácido láctico do ácido N-acetilmurámico).

Importancia clínica

A parede celular das bacterias Chlamydia non presenta ácido murámico, o cal é unha excepción entre as bacterias. Isto ten importancia clínica porque é a razón pola que a penicilina non é efectiva no tratamento da infección por estas bacterias. No seu lugar utilízanse inhibidores da síntese de proteínas como a doxiciclina ou a azitromicina.

A sínteses do ácido N-acetilmurámico é inhibida pola fosfomicina, un antibiótico obtido a partir de certas especies de bacterias do xénero Streptomyces.[2]

Notas

  1. PubChem compound N-acetyl-alpha-muramic acid
  2. Grif K, Dierich MP, Pfaller K, Miglioli PA, Allerberger F. "In vitro activity of fosfomycin in combination with various antistaphylococcal substances". The Journal of antimicrobial chemotherapy (2). PMID 11481290.  Parámetro descoñecido |volumen= ignorado (suxírese |volume=) (Axuda); A referencia usa o parámetro obsoleto |mes= (Axuda); Parámetro descoñecido |páginas= ignorado (suxírese |páxinas=) (Axuda); Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)

Véxase tamén