Anthony Kiedis: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m {{Red Hot Chili Peppers}}
arranxiño
Liña 9: Liña 9:
| bandas = [[Red Hot Chili Peppers]]
| bandas = [[Red Hot Chili Peppers]]
}}
}}
'''Anthony Kiedis''' naceu en [[Grand Rapids]], [[Michigan]], [[Estados Unidos]], o [[1 de novembro]] de [[1962]]. É a voz da banda de funk rock [[Red Hot Chili Peppers]].
'''Anthony Kiedis''', nado en [[Grand Rapids]], [[Michigan]] ([[Estados Unidos]]) o [[1 de novembro]] de [[1962]], é a voz da banda de funk rock [[Red Hot Chili Peppers]].


==Biografía==
==Biografía==

Revisión como estaba o 6 de novembro de 2011 ás 18:34

Modelo:Músico Anthony Kiedis, nado en Grand Rapids, Michigan (Estados Unidos) o 1 de novembro de 1962, é a voz da banda de funk rock Red Hot Chili Peppers.

Biografía

É fillo de John Kiedis e Margaret "Peggy" Noble, que se divorciaron en 1968 cando Anthony tiña 6 anos. Nesa mesma idade, nunha das salidas co seu pai, sentiu a olor da marihuana por primeira vez e pouco despois tivo a súa primeira experiencia con esa droga. Aos 12 anos perdeu a virxindade, cunha rapaza de 18 anos chamada Kimberley Smith. Viviu coa súa nai ata os 11 anos, quen cría que o seu pai non era un 'bo amigo' para Anthony, pero a súa vez, recoñecía que era moi importante para el ter unha boa comunicación, cando se mudou a California xunto ao seu pai, onde tivo unha vida chea de liberdades, excesos e drogas. O seu equipo favorito son Los Angeles Lakers. Tivo numerosos accidentes ca súa moto. Dende 1980 fíxose vexetariano.

Estudou na Fairfax High School e participou en numerosas bandas que nunca foron consideradas como tal. Non foi ata principios do ano 1982 cando se xuntou con 3 compañeiros e fundou o grupo chamado, por aquel entón, 'Tony Flow & The Miraculously Majestic Masters of Mayhem'. Estes compañeiros eran: Michael Balzary (coñecido coma "Flea") que tocaba o baixo, quen aínda pertence ao grupo; o batería Jack Irons e Hillel Slovak, falecido o 27 de xuño de 1988 por unha sobredosis de heroína. En 1983 cambiaron o nome ao actual. A súa profesora de inglés, Mrs. Vernon, animoulle a escribir poesía, facendo algunhas das cales se convertirían anos máis tarde en cancións coma Under the Bridge (1991), onde fala da súa época onde estivo perdido nas drogas e viviu ata debaixo dunha ponte.

O seu estilo de cantar foi cambiando drásticamente segundo pasaban os anos. Aprendeu a controlar a súa voz álbum tras álbum. Comezou rapeando, estilo que podía facer a velocidades extremas mantendo un ritmo consistente. A partires de "Mother's Milk" (cuarto disco da banda, sacado á venta en 1989), Anthony escribiu cancións con letras máis melódicas, cun estilo máis funk. Co paso dos anos, Kiedis preferiu o canto antes que o rapeo. Moitos críticos están dacordo en opinar que a súa voz mellorou moito e que quizáis a súa máxima expresión a tomase no último álbum dos Red Hot Chili Peppers, Stadium Arcadium (2006).

O 2 de outubro do 2007, tivo o seu fillo primoxénito ca modelo de 21 anos, Heather Christie, bautizado co nome de Everly Bear Kiedis. Recentemente, separouse de Heather Christie.

Kiedis gañou o posto número 1 á celebridade vexetariana máis sexy do mundo en 2008, xunto a Leona Lewis.

En verán dese mesmo ano, Kiedis foi ingresado no hospital de Los Angeles por un problema nun ril. Os médicos planteáronse trasplantarlle o ril, mais non o fixeron. O seu representante indicou que Kiedis estaba mellorando.

Véxase tamén

Ligazóns externas