Club Deportivo Atlético Baleares: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 186: | Liña 186: | ||
[[Categoría:Equipos de fútbol das Illas Baleares|Atletico Baleares]] |
[[Categoría:Equipos de fútbol das Illas Baleares|Atletico Baleares]] |
||
[[Categoría:Equipos do grupo III da Segunda División B Española|Atletico Baleares]] |
|||
[[an:Club Deportivo Atlético Baleares]] |
[[an:Club Deportivo Atlético Baleares]] |
Revisión como estaba o 22 de outubro de 2011 ás 17:16
Atlético Baleares | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Atlético Baleares | ||
Alcume(s) | Balearicos | ||
Fundación | 27 de maio de 1942 | ||
Estadio | Estadio Balear, Palma de Mallorca, Illas Baleares, España | ||
Inauguración | 8 de maio de 1960 | ||
Capacidade | 18.000 | ||
Propietario | Procampo | ||
Presidente | Fernando Crespí | ||
Adestrador | Gustavo Siviero | ||
Liga | 2ªB - Grupo 3 | ||
2010–11 | 13º | ||
Vestimenta | Joma | ||
Patrocinador | Air Europa | ||
Na rede | |||
http://www.cdatleticobaleares.com/ | |||
| |||
O Club Deportivo Atlético Baleares (en catalán Club Esportiu Atlètic Balears) é un club de fútbol de España, da cidade de Palma de Mallorca, nas Illas Baleares. Foi fundado en 1942 e actualmente xoga na Segunda División B.
Historia
Os antecedentes do club remóntanse á creación do Mècanic Futbol Club (1904), un equipo formado polos traballadores da compañía Isleña Marítima e que tiña no seu equipamento as cores branquiazuis. En 1920 o Mècanic fusiónase co Mallorca Futbol Club para formar o Baleares Futbol Club.
En 27 de maio de 1942 nace o actual Atlético Baleares a partir da fusión do Baleares FC e o Atlético Futbol Club (creado en 1922), con Pedro Serra como presidente. O equipo logrou os seus maiores éxitos nos anos 50, cando en 1951 ascendeu a Segunda División. Nesa categoría estivo desde 1951 ata 1953, e tras descender volveu xogala de 1961 ata 1963.
O equipo descendeu a Terceira División nos anos 90 e pasou o seu peor momento no ano 2005, cando baixou á Rexional Preferente Balear. Con todo, o club puido ascender a Terceira. Na tempada 2007-08, o Atlético Baleares regresou a Segunda B tras quedar primeiro na fase regular e vencer por 2 a 0 ao SD Gernika Club. Tras descender a Terceira na tempada 2008-09, o club conseguiu o campionato de liga 2009-10 e xogará en Segunda B a tempada 2010-11 logo de gañar ao CD Tudelano no play-off de ascenso.
Palmarés
Tempadas
- 4 tempadas en Segunda División (1951-52, 1952-53, 1961-62 e 1962-63)
- 7 tempadas en Segunda División B (1977-78, 1987-88, 1988-89, 1989-90, 2008-09, 2010-11 e 2011-12)
- 53 tempadas en Terceira División (1943 a 1951, 1953 a 1961, 1963 a 1973, 1975 a 1977, 1978 a 1981, 1984 a 1987, 1990 a 2005, 2006 a 2008 e 2009-10)
- 6 tempadas en Rexional Preferente (1942-43, 1973-74, 1974-75, 1981-82, 1982-83 e 2005-06)
Títulos
- 11 campionatos da Terceira División (1951, 1956, 1961, 1965, 1968, 1998, 2000, 2001, 2002, 2008 e 2010)
- 10 subcampionatos da Terceira División (1957, 1958, 1960, 1964, 1966, 1986, 1987, 1994, 1995 e 1997)
- 3 campionatos da Rexional Preferente (1975, 1983 e 2006)
- 19 trofeos Nicolás Brondo (1966, 1967, 1970, 1974, 1975, 1977, 1979, 1980, 1987, 1989, 1996, 1997, 1998, 1999, 2001, 2004, 2007, 2010 e 2011)
Clasificaciones na Liga
|
|
|
|
Estadio
O Estadio Balear, inaugurado en 8 de maio de 1960 atópase na localidade de Palma, próximo á autovía coñecida como Vía de cintura, por iso é polo que se lle coñeza tamén como o Estadio de la Vía de Cintura.
Ten unha capacidade de 18.000 espectadores (3.000 deles con asentos) e posúe unhas dimensións de 102 metros de longo por 67 metros de ancho. Está provisto de céspede artificial.
Primer equipo tempada 2011-12
Xogadores
|
|
Corpo técnico
- Adestrador: Gustavo Siviero
- Segundo adestrador: Ángel Sánchez García 'Layos'
- Adestrador porteiros: Plamen 'Paco' Nikolow
- Preparador físico: Juan Manuel Alfano
- Médico: Joan Pericàs O'Callaghan
- Fisioterapeuta: Eduard Nicuesa Batlle
- Delegados: Pepe Gómez Sabidó, Miquel Garau Orell
- Utilleros: Jeroni Tegla Medina, Vicenç Barceló
Bibliografía
- AAVV: Gran Enciclopèdia de Mallorca. 19 Vol. Palma: Promomallorca edicions, 1988-91. ISBN 84-86617-02-2 (en catalán)
- Fábregas y Cuxart, Luis: Ca Nostra. 50 años de vida palmesana. Palma: Edicions Cort, 2007 (1965). ISBN 84-7535-595-5 (en castelán)
- Salas Fuster, Antoni: L'Atlètic Baleares. Una història de supervivència. Palma: Ingrama SA (impr.), 2009. ISBN 84-85932-78-1 (en catalán)