Lateiki: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m Bot: Substitución automática de texto (-|O}} +|W}} & -|O|}} +|W}}) |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Coor dm|19|11|S|174|52| |
{{Coor dm|19|11|S|174|52|W}} |
||
'''Lateiki''', tamén coñecido como '''Metis Shoal''', é un [[volcán]] submarino e unha [[illa]] en formación de [[Tonga]]. O nome ''Lateiki'' significa 'petit Late' xa que se atopa ao sur da illa [[Late]], a medio camiño de [[Kao]]. |
'''Lateiki''', tamén coñecido como '''Metis Shoal''', é un [[volcán]] submarino e unha [[illa]] en formación de [[Tonga]]. O nome ''Lateiki'' significa 'petit Late' xa que se atopa ao sur da illa [[Late]], a medio camiño de [[Kao]]. |
Revisión como estaba o 5 de setembro de 2011 ás 16:27
Lateiki, tamén coñecido como Metis Shoal, é un volcán submarino e unha illa en formación de Tonga. O nome Lateiki significa 'petit Late' xa que se atopa ao sur da illa Late, a medio camiño de Kao.
Características
O volcán normalmente está mergullado, pero en diversas ocasións a actividade volcánica formou unha illa. Ten unha altitude de 1.500 metros desde a base no fondo do mar, e elévase ata unha profundidade entre 3 e 10 m baixo o nivel do mar. A última vez que entrou en erupción, en xuño de 1995, xurdiu unha illa de 50 a 80 metros de altitude e de 200 a 500 m de ancho. A illa temporal, formada de cinza volcánica, desapareceu coas ondas do océano ao cabo de dous meses.
A presenza de Lateiki notouse por primeira vez en 1851, cando excedeu o nivel do mar. Rexistráronse erupciones nos anos 1851, 1852, 1858, 1878, 1886, 1894, 1967, 1979 e 1995. Como mínimo en cinco ocasións formouse unha illa (1851, 1858, 1967, 1979 e 1995).