Wikipedia:Guía/Ligazóns internas: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Engado: hi, cy, ckb; elimino: bn:উইকিপেডিয়া:টিউটোরিয়াল (উইকিপিডিয়া সংযোগসমূহ) (missing); modifico: en:Wikipedia:Tutorial/Wikipedia links |
||
Liña 46: | Liña 46: | ||
[[ar:ويكيبيديا:دروس (وصلات ويكيبيديا)]] |
[[ar:ويكيبيديا:دروس (وصلات ويكيبيديا)]] |
||
[[bg:Уикипедия:Наръчник/Препратки]] |
[[bg:Уикипедия:Наръчник/Препратки]] |
||
[[bn:উইকিপেডিয়া:টিউটোরিয়াল (উইকিপিডিয়া সংযোগসমূহ)]] |
|||
[[ca:Viquipèdia:Guia bàsica/Enllaços]] |
[[ca:Viquipèdia:Guia bàsica/Enllaços]] |
||
[[ckb:Wikipedia:فێرکاری (بەستەرەکان لە ویکیپیدیا)]] |
[[ckb:Wikipedia:فێرکاری (بەستەرەکان لە ویکیپیدیا)]] |
||
[[ckb:ویکیپیدیا:فێرکاری (بەستەرەکان لە ویکیپیدیا)]] |
|||
[[cs:Wikipedie:Průvodce (odkazy)]] |
[[cs:Wikipedie:Průvodce (odkazy)]] |
||
[[cy:Wicipedia:Tiwtorial (dolenni Wicipedia)]] |
|||
[[el:Βικιπαίδεια:Οδηγός για νέους χρήστες/Εσωτερικοί σύνδεσμοι]] |
[[el:Βικιπαίδεια:Οδηγός για νέους χρήστες/Εσωτερικοί σύνδεσμοι]] |
||
[[en:Wikipedia:Tutorial |
[[en:Wikipedia:Tutorial/Wikipedia links]] |
||
[[es:Ayuda:Tutorial (enlaces internos)]] |
[[es:Ayuda:Tutorial (enlaces internos)]] |
||
[[fa:ویکیپدیا:خودآموز (پیوندهای ویکیپدیا)]] |
[[fa:ویکیپدیا:خودآموز (پیوندهای ویکیپدیا)]] |
||
[[fr:Wikipédia:Liens internes]] |
[[fr:Wikipédia:Liens internes]] |
||
[[hi:विकिपीडिया:स्वशिक्षा/विकिपीडिया जोड़]] |
|||
[[hr:Wikipedija:Tečaj (Wikipoveznice)]] |
[[hr:Wikipedija:Tečaj (Wikipoveznice)]] |
||
[[hu:Wikipédia:Az első lépések (belső hivatkozások)]] |
[[hu:Wikipédia:Az első lépések (belső hivatkozások)]] |
Revisión como estaba o 1 de setembro de 2011 ás 11:49
Páxina de inicio | Edición | Formato | Ligazóns internas | Citar as fontes | Páxinas de conversa | Ten en conta | Rexistro | Resumo |
As ligazóns entre os artigos da Wikipedia son moi importantes. Estas ligazóns, fáciles de crear, axudan a un mellor acceso á información relacionada co artigo que se está a ler, favorecendo a utilidade da Wikipedia.
Cando (non) ligar
É moi útil engadir ligazóns aos artigos, pero demasiadas ligazóns poden distraer. Isto é o motivo polo que só se debería ligar a primeira aparición dunha palabra. As seccións principais poden ter máis ligazóns.
A observación doutros artigos da Wikipedia pódeche axudar a aprenderes cando engadir ligazóns. Olla a páxina dos artigos de calidade para obteres unha lista de artigos de alta calidade.
Como ligar as páxinas
Para facer unha ligazón a outra páxina da Wikipedia (chamada ligazón interna), pon o texto entre dous corchetes, deste xeito:
- [[Bugallo]] = Bugallo
Se queres ligar un artigo, pero mostrar outro texto na ligazón, podes conseguilo engadindo unha barra vertical (|) seguida do texto alternativo. Por exemplo:
- [[Burro|Equus asinus]] = Equus asinus
Tamén podes facer que a ligazón leve ata unha sección específica:
- [[Cruceiro#Orixe|orixe dos cruceiros]] = orixe dos cruceiros
Se queres que o texto da ligazón se amose en cursiva ou negra, insire os dobres corchetes dentro dos apóstrofos correspondentes segundo o que desexas obter. Así:
- ''[[Cantares gallegos]]'' = Cantares gallegos
Comproba as ligazóns para aseguráreste de que apuntan cara ao artigo correcto. Por exemplo, Miño apunta ao artigo sobre o concello da provincia da Coruña, mentres que río Miño é o título do artigo sobre o río máis importante de Galicia. Ademais, hai tamén páxinas de homónimos que non son artigos, pero que conteñen ligazóns a artigos con títulos similares. Algunhas como Lima (homónimos) son obvias, mentres que outras como Xeorxia usan títulos xenéricos. Estes títulos fan que a barra vertical sexa especialmente útil, xa que un artigo titulado Cadrado (álxebra) é moito menos lexible que Cadrado.
Categorías
Tamén podes (e debes) incluír o artigo nunha categoría con outros dun tema relacionado. Simplemente escribe [[Categoría:]] e pon o nome da categoría entre os dous puntos e os corchetes de peche.
É moi importante inserir unha ou varias categorías correctas para que os demais poidan atopar facilmente o teu traballo. A mellor maneira de decidir que categorías lle acaen mellor é revisar as que levan os artigos relacionados. Por exemplo, se redactas un artigo sobre un tipo de árbore, terías que mirar outro artigo sobre outro tipo de árbore para ver que categorías poderían ser as axeitadas.