Carmen Avendaño: Diferenzas entre revisións
Liña 29: | Liña 29: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
===Bibliografía=== |
===Bibliografía=== |
||
*Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, 2005. |
*[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]], 2005. |
||
===Outros artigos=== |
===Outros artigos=== |
||
*[[Pazo Baión]]. |
*[[Pazo Baión]]. |
Revisión como estaba o 22 de xullo de 2011 ás 22:34
Carmen Avendaño Otero, nada en Lavadores, Vigo, o 21 de novembro de 1954, é unha muller coñecida pola súa loita contra o narcotráfico en Galicia; presidenta e coordinadora da fundación Érguete-Integración.[1]
Traxectoria
Ten sido una pioneira na loita integral contra o narcotráfico, denunciando aos grandes traficantes e organizando plans integrais de rehabilitación e reinserción. Fundou a Federación Provincial e a Federación Galega de Axuda ó Drogodependente. A partir de 1995 foi concelleira do PSOE no Concello de Vigo e deputada provincial do PSOE en Pontevedra. Tamén é membro da asemblea xeral de Caixanova[2] e do consello de administración do Real Club Celta de Vigo.[3] Segundo o diario El Correo Gallego figuraba no posto 94 na lista dos 125 galegos máis influentes.[4]
No ano 2005, protagonizado por Adriana Ozores, rodouse en Galicia o filme Heroína, baseado na súa historia. E leva o seu nome o Centro de Inserción Social de Vigo, inaugurado en 2006, que acolle a condenados que cumpren o terceiro grado ou que fan traballos comunitarios.
Premios
Obtivo o Premio Xustiza e Sociedade (1993); o Premio Nacional do PSOE Rosa Manzano; o Premio La Voz de Galicia á Solidariedade (1998); premio Sardiña de Ouro do Concello de Vigo (1999); Premio Galicia en Feminino (2002) e foille entregada pola raíña Sofía a Cruz de Prata da Orde Civil da Solidariedade Social (2010) como recoñecemento ao seu compromiso persoal en defensa dos mozos afectados pola adicción ás drogas e pola súa actitude decidida de loita contra o tráfico de drogas,[5] entre outros.