Guillerme I de Inglaterra: Diferenzas entre revisións
m r2.7.1) (bot Engadido: hi:विलियम विजयी |
m r2.7.1) (bot Engadido: ku:William I. |
||
Liña 49: | Liña 49: | ||
[[ka:უილიამ I (ინგლისი)]] |
[[ka:უილიამ I (ინგლისი)]] |
||
[[ko:윌리엄 1세 (잉글랜드)]] |
[[ko:윌리엄 1세 (잉글랜드)]] |
||
[[ku:William I.]] |
|||
[[la:Gulielmus I (rex Angliae)]] |
[[la:Gulielmus I (rex Angliae)]] |
||
[[lb:William I. vun England]] |
[[lb:William I. vun England]] |
Revisión como estaba o 4 de xullo de 2011 ás 10:24
Guillerme I de Inglaterra (1027 - 9 de setembro de 1087) foi o primeiro rei normando de Inglaterra, tras a morte de Harold II de Inglaterra na Batalla de Hastings. Tamén foi chamado Guillerme o Conquistador e Guillerme de Normandía, e mesmo Guillerme o Bastardo, por ser fillo ilexítimo do seu pai, Roberto o Magnífico, duque de Normandía.
Biografía
Guillerme naceu no 1027 e accedeu ao ducado de Normandía á idade de sete anos. Aos 15 foi nomeado cabaleiro por Henrique I de Francia, e aos 19 xa facía fronte a rebelións internas no ducado. Tras a morte do seu tío, Eduardo o Confesor, rei de Inglaterra, Guillerme reclamou o trono, que dicía lle deixara en herdo o seu tío, argumentando ademais que Harold Godwinson, o maior terratenente de Inglaterra, o recoñecera como rei. Pero Harold converteuse en Harold II de Inglaterra, e Guillerme reclamou os seus dereitos mediante a guerra, tras recibir a aprobación do papa.
A batalla definitiva da Conquista Normanda de Inglaterra foi a de Hastings, onde Harold II morreu, atravesado o seu ollo por unha frecha. Os restantes nobres saxóns non tardaron en rendirse ao poder normando, e Guillerme foi proclamado rei.
Durante o seu reinado, Guillerme fixo grandes cambios que permanecerían durante séculos. Baixo o seu mandato compilouse o primeiro cadastro da historia, chamado Domesday Book. Guillerme tamén reformou a lei, mesturando as leis anglosaxoas coas normandas. Por último, impuxo o francés normando como lingua das clases altas durante tres séculos, ata que se mesturase a gramática e vocabulario básico inglés cunha enorme cantidade de léxico de orixe latino do francés normando ata crear a base do inglés moderno.