Credo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 1: Liña 1:
{{sen referencias}}
O '''Credo''' é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición [[apóstolo|apostólica]] e desenvolvidas nos dous primeiros concilios ecuménicos (o [[Concilio de Nicea]] e o [[Primeiro Concilio de Constantinopla]]).
O '''Credo''' é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición [[apóstolo|apostólica]] e desenvolvidas nos dous primeiros concilios ecuménicos (o [[Concilio de Nicea]] e o [[Primeiro Concilio de Constantinopla]]).



Revisión como estaba o 30 de maio de 2011 ás 18:11

O Credo é o conxunto de verdades de fe cristiá definido, segundo as igrexas cristiás, pola tradición apostólica e desenvolvidas nos dous primeiros concilios ecuménicos (o Concilio de Nicea e o Primeiro Concilio de Constantinopla).

Aceptan este credo a Igrexa Siríaca, a Igrexa Etíope Tewahedo, a Igrexa Apostólica Armenia, a Igrexa Ortodoxa Copta, a Igrexa Apostólica Asiria e a Igrexa Ortodoxa. A Igrexa Católica afastouse destas Igrexas engadindo o filoque. As igrexas protestantes aceptan tamén estes credos na súa formulación pola Igrexa Católica.

Orixe

Dende moi cedo a experiencia de fe foi articulada mediante profesións de fe. As máis antigas teñen que ver co rito do bautismo polo que o catecúmeno recibía o perdón dos pecados e era acollido como membro da igrexa. O catecúmeno era bautizado no nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo, o que manifestaba unha profesión de fe trinitaria.

As igrexas de tradición bizantina chamaban a estas profesións de fe symbolon no seu dobre significado de sinal ou selo de unión e de colección ou sumario.

Na Igrexa Ortodoxa Copta tivo especial relevancia o símbolo Quicumque de Atanasio de Alexandría.

Na Igrexa Ortodoxa o Credo, xunto coa Eucaristía e a Palabra de Deus (Biblia) é o fundamento da unidade das diferentes igrexas autocéfalas.

Na Igrexa Occidental, Ambrosio de Milán falaba dos doce artigos do credo evocando o alicerce dos doce apóstolos. Tamén este autor fala de símbolo como selo espiritual, meditación do corazón e tesouro da alma.

Co gallo da incorporación nas igrexas occidentais do filoque, isto é, a profesión de fe de que o Espírito Santo procede do Pai e do Fillo e non só do Pai, Roma e Constantinopla arreboláronse recíprocamente anatemas provocando o denominado Gran Cisma que dura ata hoxe.

Contido

O contido profesa a crenza en Deus coma orixe do Universo, na Encarnación e na Resurrección de Xesús de Nazaret identificado como o Cristo (Mesías), no Espírito Santo e na súa acción manifestada no perdón dos pecados e na comuñón dos fieis (Igrexa e comuñón dos santos) así como no Xuízo Final e na Vida Eterna. Aínda que formulado en grego e máis tarde en latín, dende o inicio tivo a súa versión siríaca, copta e armenia. Remata coa palabra hebrea que significa adhesión confiada.

Símbolo dos Apóstolos

Creo en Deus Pai todopoderoso, creador do ceo e maila terra, creo en Xesuscristo, seu único fillo, noso señor, que foi concibido por obra e graza no Espírito Santo, naceu de Santa María Virxe, padeceu baixo o poder de Poncio Pilato, foi crucificado, morto e sepultado, descendeu aos infernos, ao terceiro día resucitou de entre os mortos, subiu aos ceos e está sentado á dereita de Deus Pai todopoderoso, dende alí ha de vir a xulgar aos vivos e aos mortos, Creo do Espírito Santo, na Santa Igrexa Católica, na Comuñón dos Santos, o perdón dos pecados, a resurrección da carne, e na vida eterna. Amén

Credo niceno-constantinopolitano