Constancio I Cloro: Diferenzas entre revisións
m r2.5.1) (bot Engadido: sh:Konstancije Hlor |
m r2.7.1) (bot Engadido: nap:Costànz Clorò |
||
Liña 55: | Liña 55: | ||
[[mr:कॉन्स्टान्शियस क्लोरस, रोमन सम्राट]] |
[[mr:कॉन्स्टान्शियस क्लोरस, रोमन सम्राट]] |
||
[[ms:Constantius Chlorus]] |
[[ms:Constantius Chlorus]] |
||
[[nap:Costànz Clorò]] |
|||
[[nl:Constantius I Chlorus]] |
[[nl:Constantius I Chlorus]] |
||
[[no:Konstantius I]] |
[[no:Konstantius I]] |
Revisión como estaba o 14 de abril de 2011 ás 16:13
Marcus Flavius Valerius Constantius, nado en Salona, Espalato, na Dalmacia no 243, pasou á historia coma Constancio I Cloro, a causa da súa palidez.
Traxectoria
Da súa xuventude sábese pouco. No ano 272 casa con Helena, beatificada despois coma Santa Helena, nai do futuro emperador Constantino I o Grande. Poucas cousas se saben a ciencia certa da orixe de Helena. Puido ser filla do rei bretón Coel Hen ou filla dunha concubina.
O 1 de marzo do ano 293 foi nomeado César de occidente por Maximiano. Foi o elixido pola súa competencia no goberno da Dalmacia. Na división de Diocleciano de dous augustus e dous césares, a Constancio tocáronlle as provincias de Britania e a Galia. Repudiara a Helena e casou con Teodora, fillastra de Maximiano no ano 289.
No ano 296, na Britania rebélase Carausio, e proclámase emperador. Toma as terras británicas e algúns portos da Galia. Constancio lógrao derrotar, pero non nunha batalla definitiva, pero Carausio morre a mans do seu lugartenente Alecto. Pouco despois este é derrotado por Constancio, que se fai co control da Britania.
No ano 298 vence aos alamáns en Lingones e fai reforzar toda a fronteira do Rhin. No ano 305, despois da abdicación de Maximiano, é nomeado augustus, pero morre en Eboracum (York) no ano 306 nunha expedición contra os pictos. As lexións elixen ao seu fillo Constantino coma César.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Maximiano |
Constancio I Cloro | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Segunda Tetrarquia |