Helena de Constantinopla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personasanta Editar o valor em Wikidata
Helena de Constantinopla

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Φλαβία Ιουλία Ελένη Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 250 Editar o valor em Wikidata
Helenópolis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte18 de agosto de 330 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCatedral de Tréveris (pt) Traducir (valor descoñecido–)
Museos Vaticanos (valor descoñecido–)
Mausoléu de Helena (pt) Traducir (–década de 1100)
Latrão (pt) Traducir (década de 1100–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano e Baixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa18 de agosto (Igrexa católica)
21 de maio (Igrexa ortodoxa)
19 de marzo
3 de xuño Editar o valor em Wikidata
Patrón deArqueólogo, Conversión e Santa Helena Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloAugusta (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia constantiniana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeConstancio I Cloro Editar o valor em Wikidata
FillosConstantino I o Grande Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Finding of the True Cross (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Unknown-322710 Find a Grave: 36709110 Editar o valor em Wikidata

Helena de Constantinopla (ca. 250- ca. 330), canonizada pola Igrexa católica como Santa Helena, foi a nai do emperador Constantino I. A tradición atribúelle a conversión do seu fillo ao cristianismo, así como o achado das reliquias da Santa Cruz.

Vida[editar | editar a fonte]

Non se coñece con seguridade a data e lugar exactos do seu nacemento. Con todo, é moi posible que nacese en Drepanon, na provincia de Bitinia, en Asia Menor, posto que á súa morte a cidade foi renomeada como Helenópole polo seu fillo.[1] En canto á data, Eusebio de Cesárea indica que andaba polos oitenta anos cando regresou da súa viaxe a Terra Santa,[2] o que situaría o seu nacemento algo antes do 250.[3][4]

As súas orixes familiares son escuras. Segundo a tradición iniciada por Santo Ambrosio, era filla de pousadeiros.[5] Con todo, dado que era habitual recalcar a orixe humilde das principais figuras do cristianismo, é posible que se trate dunha invención sen demasiado fundamento.

Tampouco se sabe con seguridade se estaba casada co pai de Constantino, Constancio, nin a a data de nacemento do neno, aínda que a maior parte da historiografía sinala o 272 como a data máis probable.[6]

En calquera caso, Helena foi repudiada por Constancio cando este casou coa filla do emperador Maximiano, Teodora.[7] O matrimonio teríase celebrado nunha data descoñecida, que oscila entre os anos 289 e 293.[8] O matrimonio supuxo a confirmación da carreira de Constancio, que acabaría por recibir o nomeamento de César, como membro da Tetrarquía, no ano 293.

Helena gañou gran relevancia pública trala crise da familia de Constantino no 326. Nese ano, Constantino, que era xa o único emperador, mandou asasinar o seu fillo primoxénito, Crispo, e á súa muller, Fausta. Pouco despois, Helena iniciou unha viaxe por Terra Santa.[9] A historiografía considerou tradicionalmente que esta viaxe obedecía a un desexo de expiar as culpas —tanto as de Helena como as de Constantino— tralos asasinatos.

Porén, a viaxe debeu de ter un claro carácter político. Constantino derrotara o seu colega Licinio, que gobernaba a parte oriental do imperio, no 324. Ademais de reforzar a autoridade do seu fillo sobre esta parte do imperio, a viaxe aseguraba a alianza entre Constantino e a Igrexa. Segundo Eusebio de Cesárea, Helena mandou edificar a igrexa da Natividade en Belén e o santuario do Monte das Oliveiras, que serían dotados con abundantes riquezas.

Após a viaxe, Helena regresou a Roma, onde morreu arredor do ano 329. Foi soterrada no que estaba destinado a ser o mausoleo da familia, situado a carón da Via Labicana. Os restos do edificios son aínda visibles na área de Torpignattara (Roma). Así mesmo, pódese contemplar nos Museos Vaticanos o sarcófago de pórfiro[10] que, segundo o consenso dos especialistas, serviu para sepultar os seus restos.

Achado das reliquias da Santa Cruz[editar | editar a fonte]

A descoberta dos restos da Santa Cruz. Piero della Francesca, frescos da Capela Bacci, Arezzo (ca. 1465)
Sarcófago de Helena no Museo Pio-Clementino, Museos Vaticanos, Roma

Segundo unha tradición moi popular, Helena atopou os restos da Cruz da Paixón de Xesucristo durante a súa viaxe a Terra Santa. De feito, Santa Helena aparece en numerosas obras de arte portando a Cruz.

Emporiso a historiografía dubida de que este relato sexa verídico. A primeira fonte conservada a informar do achado é do ano 351, uns vinte e cinco anos despois da viaxe de Helena. Trátase dunha carta do bispo de Xerusalén, Cirilo, a Constancio II, que rememora o achado en tempos de Constantino, pai de Constancio. Nesa carta non se relaciona a Santa Helena co achado da Cruz, unha historia que non se comezará popularizar até finais do século IV.

Por tanto, a maior parte dos estudosos pensan que o relato está relacionado coa propaganda cristiá, interesada en suliñar a estreita relación entre os emperadores –Constantino en particular– e a Igrexa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Drijvers 1992, p. 12
  2. Eusebius, Vita Constantini 3.46.
  3. Harbus, 13.
  4. Drijvers 1992, p. 15.
  5. Ambrose, De obitu Theodosii 42; Harbus, 13.
  6. Barnes, CE, 3, 39–42; Elliott, Christianity of Constantine, 17; Odahl, 15; Pohlsander, "Constantine I"; Southern, 169, 341.
  7. Barnes, CE, 8–9.
  8. Origo 1; Victor, Caes. 39.24f; Eutropius, Brev. 9.22.1; Epitome 39.2; Pan. Lat. 10(2).11.4, citado en Barnes, CE, 288 n.55.
  9. Norwich, John Julius (1996). Byzantium (First American ed.). Nova York. pp. 68–69. ISBN 0394537785. OCLC 18164817. 
  10. "Sarcofago di S. Elena". Museos Vaticanos (en italiano). Consultado o 23/01/2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]