Hardware: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Escarbot (conversa | contribucións)
m r2.5) (bot Engadido: rue:Гардвер
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.5.1) (bot Engadido: si:දෘඪාංග
Liña 76: Liña 76:
[[rue:Гардвер]]
[[rue:Гардвер]]
[[sh:Hardver]]
[[sh:Hardver]]
[[si:දෘඪාංග]]
[[simple:Computer hardware]]
[[simple:Computer hardware]]
[[sk:Hardvér]]
[[sk:Hardvér]]

Revisión como estaba o 27 de marzo de 2011 ás 07:35

CPU

O hardware, a ferralla, é o conxunto de partes física que conforman un ordenador (pantalla, teclado, monitor, rato etc) e os periféricos asociados (impresora etc). Está formado polos elementos de entrada, de control e de saída.

A partir desta palabra criouse a antónima: software.


Evolución do Hardware

A evolución do Hardware, pasou por cinco xeracións, que son:

  • Primeira xeración (anos 50-55): Os ordenadores estaban compostos por válvulas de vacío, e o seu uso era estritamente militar e científico. Comezaba o uso do linguaxe máquina e das cintas, e tarxetas, perforadas.
  • Segunda xeración (anos 55-60): Chega o transistor (máis barato, pequeno, fiable, con menos consumo...). Tamén comezan a impoñerse os primeiros linguaxes de programación, como o Fortran, Cobol, Algol e de máis. Os ordenadores xa contan coas primeiras memorias (serán de ferrita e magnéticas).
  • Terceira xeración (anos 60-70): O chip deixa desfasados a todo-los dispositivos anteriores. Comeza a comercialización en masa de ordenadores, debido á enorme redución de tamaño e cartos. Invéntanse os primeiros Sistemas Operativos, que permitiran a multiprogramación, modo interactivo etc.
  • Cuarta xeración (anos 70-actual): Coa chegada do microprocesador a potencia dos computadores medra enormemente. Tamén axuda a aparición dos Sistemas Operativos de tempo compartido, que permitirán o uso do ordenador por parte de varios usuarios. As redes de comunicación e transmisión de datos implántanse tamén.
  • Quinta xeración (comezando): Co paso do tempo, a informática busca sistemas expertos, onde a sua entrada de datos deixe de ser mera información estruturada, para converterse en coñecemento. Implántarase de forma masiva a linguaxe humana e a intelixencia artificial. O hardawe deixá de evolucionar tanto, porque tanta evolución deixa ó software obsoleto, incapaz de explotar toda a potencia que as novas máquinas ofrecen.