Os doce traballos de Heracles: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Furado (conversa | contribucións)
m Arranxo menor.
Liña 13: Liña 13:


== Os doce traballos de Hércules ==
== Os doce traballos de Hércules ==
Estes doce traballos eran teoricamente fazañas imposibles de realizar e nas que tamén se buscaba que o esforzado heroe encontrara a morte. Porén, vemos cómo foi capaz de executalas todas:
Estes doce traballos eran teoricamente fazañas imposibles de realizar e nas que tamén se buscaba que o esforzado heroe encontrara a morte. Porén, vemos como foi capaz de executalas todas:


# Matou o león de Nemea, cuxa pel pasou a ser parte da indumentaria do heroe.
# Matou o león de Nemea, cuxa pel pasou a ser parte da indumentaria do heroe.
# Acabou coa [[Hidra de Lerna]], monstro de múltiples cabezas que continuamente se rexeneraban.
# Acabou coa [[Hidra de Lerna]], monstro de múltiples cabezas que continuamente se rexeneraban.
# Capturou ao porco bravo de Erimanto.
# Capturou ao porco bravo de Erimanto.
# Capturou a cerva de Cerinea, traballo que o levou até o lonxano país dos Hiperbóreos.
# Capturou a cerva de Cerinea, traballo que o levou até o afastado país dos Hiperbóreos.
# Acabou coas aves do lago Estinfalo, cuxas plumas eran frechas de bronce.
# Acabou coas aves do lago Estinfalo, cuxas plumas eran frechas de bronce.
# Limpou os establos do rei Augias.
# Limpou os establos do rei Augias.
# Cazou o touro selvaxe de [[Creta]].
# Cazou o touro selvaxe de [[Creta]].
# Domou as eguas de [[Diomedes]], perigosas eguas antropófagas.
# Domou as eguas de [[Diomedes]], perigosas eguas antropófagas.

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2011 ás 21:24

Heracles (máis coñecido polo seu nome romano Hércules) é o nome dun heroe mitolóxico grego.

O seu pai era Zeus quen, abraiado pola beleza de Alcmena, a muller de Anfitrión de Tebas, adquiriu a forma do seu esposo para enganala. Froito desa relación naceu Heracles.

A súa forza física sería a a súa característica física máis prezada, demostrada xa desde pequeno ao afogar dúas serpes no berce.

Cando acadou a idade adulta matou ao León de Citerón e vestiuse coas súas peles.

Venceu aos minios que gravaban aos tebanos cun pesado tributo, o que lle asegurou a simpatía dos seus veciños, quen lle ofreceron como recompensa a princesa Méxera coa que casou.

Cando a princesa lle deu tres fillos, Hera, a esposa de Zeus que non esquecía ningunha ofensa, volveuno tolo temporalmente. Heracles, entón, matou a súa muller e fillos coas súas propias mans. Coa dor por estes asasinatos acudiu ao seu primo Euristeo quen lle encargou os doce traballos como penitencia.


Os doce traballos de Hércules

Estes doce traballos eran teoricamente fazañas imposibles de realizar e nas que tamén se buscaba que o esforzado heroe encontrara a morte. Porén, vemos como foi capaz de executalas todas:

  1. Matou o león de Nemea, cuxa pel pasou a ser parte da indumentaria do heroe.
  2. Acabou coa Hidra de Lerna, monstro de múltiples cabezas que continuamente se rexeneraban.
  3. Capturou ao porco bravo de Erimanto.
  4. Capturou a cerva de Cerinea, traballo que o levou até o afastado país dos Hiperbóreos.
  5. Acabou coas aves do lago Estinfalo, cuxas plumas eran frechas de bronce.
  6. Limpou os establos do rei Augias.
  7. Cazou o touro selvaxe de Creta.
  8. Domou as eguas de Diomedes, perigosas eguas antropófagas.
  9. Conseguiu o cinto da amazona Hipólita.
  10. Matou a Xerión e arrebatoulle o gando.
  11. Recolleitou as mazás das Hespérides.
  12. Atou o can Cerbero nos dominios subterráneos do inferno para liberar a Teseo.