Bandeira das Illas Cook: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m bot Engadido: de:Flagge der Cookinseln |
||
Liña 35: | Liña 35: | ||
[[cs:Vlajka Cookových ostrovů]] |
[[cs:Vlajka Cookových ostrovů]] |
||
[[cy:Baner Ynysoedd Cook]] |
[[cy:Baner Ynysoedd Cook]] |
||
[[de:Flagge der Cookinseln]] |
|||
[[el:Σημαία των Νήσων Κουκ]] |
[[el:Σημαία των Νήσων Κουκ]] |
||
[[en:Flag of the Cook Islands]] |
[[en:Flag of the Cook Islands]] |
Revisión como estaba o 12 de novembro de 2010 ás 17:42
Bandeira das Illas Cook | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 4 de agosto de 1979 |
Cores | Azul Branco |
A Bandeira das Illas Cook baseaseno tradicional deseño das antigas colonias británicas na rexión do Pacífico, é unha enseña azul contendo a Union Flag na parte superior esquerda, e na dereita quince estrelas en círculo. A Union Flag simboliza os lazos históricos das Cook co Reino Unido e o seu vencellamento coa Commonwealth[1], cada estrela representa unha das illas que compoñen o país. O azul representa o océano e a natureza pacífica dos seus habitantes. O formato é semellante ao da bandeira de Nova Zelandia, país co que mantén un acordo de libre asociación desde 1965, utilizando a súa mesma bandeira ata 1973, ano no que o goberno de Albert Royle Henry convocou un concurso para elixir unha nova bandeira, pero o proxecto gañador, estrelas brancas sobre fondo azul claro coa bandeira británcia no estremo superior esquerdo, vai ser finalmente rexeitado polo goberno establecéndose unha bandeira verde con estrelas de ouro en círculo na súa dereita, asemellado á bandeira do partido do goberno, o Partido das Illas Cook. Cando en 1978 accedeu ao goberno o Partido Democrático das Illas Cook decidiuse procurar unha nova bandeira para o país, adoptándose finalmente unha nova bandeira o 4 de agosto de 1979.
Bandeiras históricas
-
Bandeira do Reino de Rarotonga (1858 – 1888)
-
Bandeira do Reino de Rarotonga (1888 – 1893)
-
Bandeira da Federación das Illas Cook entre 1893 e o 11 de xuño de 1901
-
Entre o 11 de xuño de 1901 e o 24 de marzo de 1902 a única bandeira oficial foi a do Reino Unido}
-
Entre o 24 de marzo de 1902 e o 23 de xullo de 1973 a única bandeira oficial foi a de Nova Zelandia
-
Bandeira das Illas Cook entre o 23 de xullo de 1973 e o 4 de agosto de 1979
Notas
- ↑ Constitución das Illas Cook, Artigo 76C: "THE COOK ISLANDS ENSIGN".].