Tratado dos Pireneos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Traite-Pyrenees.jpg|thumb|350px|Firma do Tratado dos Pireneos.]]
[[Ficheiro:Traite-Pyrenees.jpg|thumb|350px|Firma do Tratado dos Pireneos.]]
O '''Tratado dos Pireneos''' (ou Paz dos Pireneos) foi firmado polas coroas das monarquías española e francesa o 7 de Novembro do ano 1659, na [[Illa dos Faisáns]] (sobre o río Bidasoa, fronteirizo entre ambos países), co que se puxo fin a un conflito iniciado no 1635, coa [[Guerra dos Trinta Anos]].
O '''Tratado dos Pireneos''' (ou Paz dos Pireneos) foi firmado polas coroas das monarquías española e francesa o [[7 de novembro]] do ano [[1659]], na [[Illa dos Faisáns]] (sobre o [[río Bidasoa]], fronteirizo entre ambos países), co que se puxo fin a un conflito iniciado no 1635, coa [[Guerra dos Trinta Anos]].


==Antecedentes==
==Antecedentes==
Francia entrou na Guerra dos Trinta Anos despois das vitorias españolas contra os rebeldes holandeses no 1620, e contra os suecos en [[Nördlingen|Nördlingen]] no 1634. No ano 1640, Francia comezou a interferir na política española, apoiando aos cataláns sublevados durante a sublevación de Cataluña, ao tempo que España apoiaba a [[Revolta da Fronda]] de 1648. Nas negociacións da [[Paz de Westfalia|Paz de Westafalia]] (1648) que puxeron fin a Guerra dos Trinta anos, Francia anexionou os territorios de [[Alsacia]] e [[Lorena]], pechando o denominado Camiño Español que unía as posesións españolas en Italia e en Flandes a través de Suíza e o [[Franco Condado]]. Todo isto levou a unha guerra aberta entre Francia e España.
Francia entrou na Guerra dos Trinta Anos despois das vitorias españolas contra os rebeldes holandeses no 1620, e contra os suecos en [[Nördlingen|Nördlingen]] no 1634. No ano 1640, Francia comezou a interferir na política española, apoiando aos cataláns sublevados durante a sublevación de Cataluña, ao tempo que España apoiaba a [[Revolta da Fronda]] de 1648. Nas negociacións da [[Paz de Westfalia|Paz de Westafalia]] (1648) que puxeron fin a Guerra dos Trinta anos, Francia anexionou os territorios de [[Alsacia]] e [[Lorena]], pechando o denominado Camiño Español que unía as posesións españolas en Italia e en Flandres a través de Suíza e o [[Franco Condado]]. Todo isto levou a unha guerra aberta entre Francia e España.


==Os efectos do tratado==
==Os efectos do tratado==
[[Ficheiro:Tratado Pirineos 1659.jpg|thumb|300px|'''Reparto entre España e Francia tralo Tratado dos Pireneos''']]
[[Ficheiro:Tratado Pirineos 1659.jpg|thumb|300px|'''Reparto entre España e Francia tralo Tratado dos Pireneos''']]
Despois de 10 anos de guerra, Fracia (aliada con Inglaterra) derrota as tropas españolas en [[Batalla das Dunas|Dunas]], no 1658. A paz firmouse un ano despois na Illa dos Faisáns, asinando [[Luís de Haro]], representando ao re de España [[Filipe IV de España|Filipe IV]], e o cardenal [[Mazarino]], en representación do rei de Francia [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]].
Despois de 10 anos de guerra, Francia (aliada con Inglaterra) derrota as tropas españolas en [[Batalla das Dunas|Dunas]], no 1658. A paz firmouse un ano despois na Illa dos Faisáns, asinando [[Luís de Haro]], representando ao re de España [[Filipe IV de España|Filipe IV]], e o cardeal [[Mazarino]], en representación do rei de Francia [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]].


Na fronteira do norte, Francia obtivo o condado de [[Artois]] e unha serie de prazas fortes en [[Flandes]], [[Henao]] e [[Luxemburgo]].
Na fronteira do norte, Francia obtivo o condado de [[Artois]] e unha serie de prazas fortes en [[Flandes]], [[Henao]] e [[Luxemburgo]].
Os franceses devolven a España o [[Charolais]] (no Franco Condado) e as conquistas de Italia. Na fronteira catalá do sur, concertouse a cesión a Francia do [[Rosellón]], o [[Conflent]], o [[Vallespir]] e unha parte da [[Cerdaña]], todos eles situados na vertente septentrional dos [[Pireneos]] e que os soldados franceses ocuparan para apoiar aos sublevados cataláns. A fronteira con España fixarase dende entón seguindo os Pireneos, excepto o pequeno enclave de [[Llivia]].
Os franceses devolven a España o [[Charolais]] (no Franco Condado) e as conquistas de Italia. Na fronteira catalá do sur, concertouse a cesión a Francia do [[Rosellón]], o [[Conflent]], o [[Vallespir]] e unha parte da [[Cerdaña]], todos eles situados na vertente setentrional dos [[Pireneos]] e que os soldados franceses ocuparan para apoiar aos sublevados cataláns. A fronteira con España fixarase dende entón seguindo os Pireneos, excepto o pequeno enclave de [[Llivia]].


O tratado tamén prevía a boda entre Luís XIV de Francia e [[María Teresa de Austria]], filla de Filipe IV de España, cuxa dote se fixou en medio millón de escudos de ouro, a cambio de renunciar aos seus dereitos sucesorios ao trono de España. Pero esta compensación xamáis chegou a pagarse, o que lle valeu de excusa a Luís XIV para anular o tratado e reiniciar as hostilidades, sendo un dos factores que levarán á [[Guerra de Sucesión Española]] no 1702.
O tratado tamén prevía a voda entre Luís XIV de Francia e [[María Teresa de Austria]], filla de Filipe IV de España, cuxa dote se fixou en medio millón de escudos de ouro, a cambio de renunciar aos seus dereitos sucesorios ao trono de España. Pero esta compensación xamais chegou a pagarse, o que lle valeu de escusa a Luís XIV para anular o tratado e reiniciar as hostilidades, sendo un dos factores que levarán á [[Guerra de Sucesión Española]] no 1702.


A Paz dos Pireneos completouse un ano despois co [[Tratado de Llivia]] (1660) no que se acordou o paso de 33 pobos e lugares do val de [[Querol]] á soberanía francesa, quedando así baixo control español o enclave de Llivia. Deste xeito, fixouse dunha forma máis precisa a división da Cerdaña entre España e Francia.
A Paz dos Pireneos completouse un ano despois co [[Tratado de Llivia]] (1660) no que se acordou o paso de 33 pobos e lugares do val de [[Querol]] á soberanía francesa, quedando así baixo control español o enclave de Llivia. Deste xeito, fixouse dunha forma máis precisa a división da Cerdaña entre España e Francia.


===Consecuencias para Cataluña===
===Consecuencias para Cataluña===
No tratado incluíuse un indulto xeral e a restitución dos bens a tódolos perseguidos durante os anos da sublevación catalá (1640-1659). No lado francés, o compromiso incluía manter a vixencia dos ''Usatges de Barcelona'' e as súas institucións ao norte dos Pireneos, con sede en [[Perpiñán]], pero esta parte non foi respetada por Luís XIV. Un ano despois ([[1660]] os ''Usatges'' foron derrogados, o que conlevou a abolición das institucións propias en Cataluña septentrional, así coma a prohibición do emprego do [[catalán]] no ámbito público e oficial.
No tratado incluíuse un indulto xeral e a restitución dos bens a tódolos perseguidos durante os anos da sublevación catalá (1640-1659). No lado francés, o compromiso incluía manter a vixencia dos ''Usatges de Barcelona'' e as súas institucións ao norte dos Pireneos, con sede en [[Perpiñán]], pero esta parte non foi respectada por Luís XIV. Un ano despois ([[1660]] os ''Usatges'' foron derrogados, o que conlevou a abolición das institucións propias en Cataluña setentrional, así coma a prohibición do emprego do [[catalán]] no ámbito público e oficial.


O real decreto do 2 de abril de 1700, con data de aplicación do 1 de maio do mesmo ano prohibiu o uso da lingua catalá en calquera tipo de actos oficiais, sendo o francés a única lingua oficial e a única enpregada no ensino público.
O real decreto do 2 de abril de 1700, con data de aplicación do 1 de maio do mesmo ano prohibiu o uso da lingua catalá en calquera tipo de actos oficiais, sendo o francés a única lingua oficial e a única empregada no ensino público.


Recentemente, o estado francés modificou a súa constitución engadindo ao seu artigo 2 a frase ''la langue de la République est le français'' ("a lingua da república é o francés"). Con este artigo, néganse subvencións a movementos culturais ou cívicos cuxa lingua vehicular sexa o catalán ou para rexeitar calquera tipo de presenza do catalán na administración entre outras linguas faladas no territorio francés.
Recentemente, o estado francés modificou a súa constitución engadindo ao seu artigo 2 a frase ''la langue de la République est le français'' ("a lingua da república é o francés"). Con este artigo, néganse subvencións a movementos culturais ou cívicos cuxa lingua vehicular sexa o catalán ou para rexeitar calquera tipo de presenza do catalán na administración entre outras linguas faladas no territorio francés.

Revisión como estaba o 8 de novembro de 2010 ás 12:42

Firma do Tratado dos Pireneos.

O Tratado dos Pireneos (ou Paz dos Pireneos) foi firmado polas coroas das monarquías española e francesa o 7 de novembro do ano 1659, na Illa dos Faisáns (sobre o río Bidasoa, fronteirizo entre ambos países), co que se puxo fin a un conflito iniciado no 1635, coa Guerra dos Trinta Anos.

Antecedentes

Francia entrou na Guerra dos Trinta Anos despois das vitorias españolas contra os rebeldes holandeses no 1620, e contra os suecos en Nördlingen no 1634. No ano 1640, Francia comezou a interferir na política española, apoiando aos cataláns sublevados durante a sublevación de Cataluña, ao tempo que España apoiaba a Revolta da Fronda de 1648. Nas negociacións da Paz de Westafalia (1648) que puxeron fin a Guerra dos Trinta anos, Francia anexionou os territorios de Alsacia e Lorena, pechando o denominado Camiño Español que unía as posesións españolas en Italia e en Flandres a través de Suíza e o Franco Condado. Todo isto levou a unha guerra aberta entre Francia e España.

Os efectos do tratado

Reparto entre España e Francia tralo Tratado dos Pireneos

Despois de 10 anos de guerra, Francia (aliada con Inglaterra) derrota as tropas españolas en Dunas, no 1658. A paz firmouse un ano despois na Illa dos Faisáns, asinando Luís de Haro, representando ao re de España Filipe IV, e o cardeal Mazarino, en representación do rei de Francia Luís XIV.

Na fronteira do norte, Francia obtivo o condado de Artois e unha serie de prazas fortes en Flandes, Henao e Luxemburgo. Os franceses devolven a España o Charolais (no Franco Condado) e as conquistas de Italia. Na fronteira catalá do sur, concertouse a cesión a Francia do Rosellón, o Conflent, o Vallespir e unha parte da Cerdaña, todos eles situados na vertente setentrional dos Pireneos e que os soldados franceses ocuparan para apoiar aos sublevados cataláns. A fronteira con España fixarase dende entón seguindo os Pireneos, excepto o pequeno enclave de Llivia.

O tratado tamén prevía a voda entre Luís XIV de Francia e María Teresa de Austria, filla de Filipe IV de España, cuxa dote se fixou en medio millón de escudos de ouro, a cambio de renunciar aos seus dereitos sucesorios ao trono de España. Pero esta compensación xamais chegou a pagarse, o que lle valeu de escusa a Luís XIV para anular o tratado e reiniciar as hostilidades, sendo un dos factores que levarán á Guerra de Sucesión Española no 1702.

A Paz dos Pireneos completouse un ano despois co Tratado de Llivia (1660) no que se acordou o paso de 33 pobos e lugares do val de Querol á soberanía francesa, quedando así baixo control español o enclave de Llivia. Deste xeito, fixouse dunha forma máis precisa a división da Cerdaña entre España e Francia.

Consecuencias para Cataluña

No tratado incluíuse un indulto xeral e a restitución dos bens a tódolos perseguidos durante os anos da sublevación catalá (1640-1659). No lado francés, o compromiso incluía manter a vixencia dos Usatges de Barcelona e as súas institucións ao norte dos Pireneos, con sede en Perpiñán, pero esta parte non foi respectada por Luís XIV. Un ano despois (1660 os Usatges foron derrogados, o que conlevou a abolición das institucións propias en Cataluña setentrional, así coma a prohibición do emprego do catalán no ámbito público e oficial.

O real decreto do 2 de abril de 1700, con data de aplicación do 1 de maio do mesmo ano prohibiu o uso da lingua catalá en calquera tipo de actos oficiais, sendo o francés a única lingua oficial e a única empregada no ensino público.

Recentemente, o estado francés modificou a súa constitución engadindo ao seu artigo 2 a frase la langue de la République est le français ("a lingua da república é o francés"). Con este artigo, néganse subvencións a movementos culturais ou cívicos cuxa lingua vehicular sexa o catalán ou para rexeitar calquera tipo de presenza do catalán na administración entre outras linguas faladas no territorio francés.

Cada ano, o 7 de novembro, os catalanistas recordan estes feitos e se manifestan en Perpiñán.