Tines, Vimianzo: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) lig int |
m recat. |
||
Liña 12: | Liña 12: | ||
==Situación xeográfica== |
==Situación xeográfica== |
||
Está delimitada polas |
Está delimitada polas parroquias de [[Salto, Vimianzo|Salto]], [[Bamiro, Vimianzo|Bamiro]], [[Treos, Vimianzo|Treos]] e [[Vilar, Zas|Vilar]] no concello de [[Zas]], distando só 8,5 km da capital do concello. |
||
==Historia== |
==Historia== |
||
Liña 39: | Liña 39: | ||
<!--Categorías ocultas--> |
<!--Categorías ocultas--> |
||
[[Categoría:Vimianzo]] |
[[Categoría:Parroquias de Vimianzo]] |
||
[[Categoría:Parroquias de Vimianzo sen imaxes]] |
[[Categoría:Parroquias de Vimianzo sen imaxes]] |
||
Revisión como estaba o 31 de outubro de 2010 ás 01:08
Tines | |
---|---|
Concello | Vimianzo |
Coordenadas | 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752Coordenadas: 43°06′36″N 8°58′30″O / 43.11004569, -8.97511752 |
Área | - km² |
Poboación | (Ano ) hab. |
Densidade | Erro de expresión: Descoñécese a palabra "ano". hab./km² |
Entidades de poboación | 3 |
[ editar datos en Wikidata ] |
[[Categoría:Vimianzo poboación {{{ano}}}]]
Santa Baia de Tines é unha parroquia do concello de Vimianzo, na provincia da Coruña, arciprestado de Soneira e arquidiocese de Santiago de Compostela.
Situación xeográfica
Está delimitada polas parroquias de Salto, Bamiro, Treos e Vilar no concello de Zas, distando só 8,5 km da capital do concello.
Historia
Tines constitúe un dos enclaves máis relevantes de Galicia polo seu testemuño bárbaro, románico e prerrománico que botan luz sobre a época escura desde o século I ata unha baixa Idade Media.
A igrexa parroquial era representación de Rui Pérez da Costa e, o subsolo do seu adro é un dos enclaves máis interesantes para a historia de Galicia nunha pronta Idade Media. Debaixo atópase unha necrópole romano-sueva con enterramentos que datan dende o século I ata o século VIII nos que se distinguen:
- Vestixios romanos: material da construción principalmente, ó que apunta á posible existencia dunha "vila romana" segundo Manuel Núñez.
- Sarcófagos pétreos de dous formas distinguidas: unha máis primitiva e escasa de forma oval (datado da dominación sueva) e outra máis elaborada cun oco antropoide. Cabe dicir que a maior parte dos vestixios foron destruídos cando o descubrimento no 1954 e os restantes permanecen á intemperie nun profundo abandono. A tapa dos sarcófagos antropoides están gravados con letras, trazos e debuxos cun estilo que presumiblemente date do século VI.
- Vestixios de enterramentos con tégulas, moi propios da dominación romana.
A estela romana de Vitorino
Cabe mencionar que, aparte dos sarcófagos pétreos, o descubrimento da estela romana de Vitorino é un dos máis relevantes para a cultura de Galicia. Nela distínguese un rostro humano, gravado toscamente e con inscricións.
Segundo Díaz y Díaz é o primeiro testemuño epigráfico cristián de Galicia do século IV. Pódese contemplar actualmente no Museo Arqueolóxico da Coruña.
Lugares e Parroquias
Lugares de Tines
Lugares da parroquia de Tines no concello de Vimianzo (A Coruña) | |
---|---|