Universidade de Copenhague: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Luckas-bot (conversa | contribucións)
Liña 16: Liña 16:
[[ca:Universitat de Copenhaguen]]
[[ca:Universitat de Copenhaguen]]
[[cs:Kodaňská univerzita]]
[[cs:Kodaňská univerzita]]
[[da:Københavns Universitet]]
[[de:Universität Kopenhagen]]
[[de:Universität Kopenhagen]]
[[el:Πανεπιστήμιο της Κοπεγχάγης]]
[[el:Πανεπιστήμιο της Κοπεγχάγης]]

Revisión como estaba o 9 de outubro de 2010 ás 16:54

A facultade de Humanidades.

A Universidade de Copenhaguen, en dinamarqués Københavns Universitet, é a meirande e máis antiga universidade e instituto de investigación de Dinamarca.

Historia e características

Foi fundada en 1479, e en 2010 contaba con arredor de 37.000 estudantes, a maioría mulleres (o 59%), e con máis de 7.000 empregados. A Universidade conta con diversos campus distribuídas na cidade de Copenhaguen e na área metropolitana (Stor København). Os máis dos cursos son impartidos en lingua dinamarquesa, malia que tamén existe oferta en inglés, e máis reducida en alemán. A Universidade ten case 3.000 estudantes estranxeiros, metade dos cales proveñen doutros países nórdicos.

Véxase tamén

Ligazóns externas