Claude Monet: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hy:Կլոդ Մոնե
LucienBOT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ast:Claude Monet
Liña 16: Liña 16:


[[ar:كلود مونيه]]
[[ar:كلود مونيه]]
[[ast:Claude Monet]]
[[az:Klod Mone]]
[[az:Klod Mone]]
[[bat-smg:Kluods Muonė]]
[[bat-smg:Kluods Muonė]]

Revisión como estaba o 25 de setembro de 2010 ás 07:55

Impresión, sol nacente (1874).

Claude Monet tamén coñecido como Oscar-Claude Monet ou Claude Oscar Monet, nado o 14 de novembro de 1840 e finado o 5 de decembro de 1926, foi un pintor impresionista francés.

Traxectoria

Nos anos inmediatamente anteriores á guerra de 1870 un grupo de pintores, Monet, Camille Pissarro, Alfred Sisley e Pierre Auguste Renoir sitúanse ó marxe de calquera remedo das tendencias precedente e realizan unha nova pintura, que un crítico denominou despectivamente impresionismo, inspirándose no título dunha obra de Monet exposta en 1874, Impresión, sol nacente.

Regatas en Argenteuil (1874). A xustaposición de pinceladas de distinta cor busca lograr que a retina compoña logo as verdadeiras tonalidades que conduza a un novo realismo.

Monet foi o pintor máis orixinal e principal representante das conquistas técnicas e estéticas do grupo. Sen os matices políticos ou sociais dos realistas, por medio dunha concepción estritamente pictórica, Monet busca a realidade cromática e formal baixo os efectos da luz. Na base da súa arte está o desligarse do estudo de pintura, buscando o aire libre para pintar e o colorido claro; a luz transforma e altera as cores e tamén as propias formas, de tal xeito que a paisaxe e os seus elementos xurden como visións instantáneas que non se volverán repetir. Unha preocupación primordial para Monet vai ser o estudo dos reflexos da luz na auga, que ten unha consistencia real semellante á dos elementos reflectidos. Esta linguaxe acadou a súa maior pureza nos anos que pasou en Argenteuil (1872-1878).