Jaime Pita: Diferenzas entre revisións
m Desfixéronse as edicións de 83.32.187.152 (conversa); cambiado á última versión feita por Atobar |
|||
Liña 13: | Liña 13: | ||
{{End box}} |
{{End box}} |
||
{{DEFAULTSORT:Pita Varela, Jaime}} |
|||
[[Categoría: |
[[Categoría:Parlamentarios do Parlamento de Galicia polo PPdeG]] |
||
[[Categoría:Conselleiros da Xunta]] |
|||
[[Categoría:Nados en Betanzos]] |
Revisión como estaba o 4 de setembro de 2010 ás 17:06
Jaime Alberto Pita Varela é un político galego nado en Betanzos en 1944. E membro do Partido Popular, e foi vicepresidente segundo do Parlamento de Galicia no último mandato do fraguismo.
Biografía
Jaime Pita naceu en Betanzos o 13 de xuño de 1944. É neto do construtor orixinal do famoso "Globo de Betanzos", Claudino Pita Pandelo. Estudou Técnicas Directivas nas universidades de Santiago de Compostela e de Navarra, accedendo por oposición á praza de profesor de bacharelato.
En 1983 presentouse coma candidato á alcaldía de Betanzos, por Alianza Popular. A pesar da derrota, obtén o cargo de concelleiro, que revalidaría nos anos 1987, 1991 e 1995 (nas dúas últimas ocasións xa baixo as siglas do Partido Popular). Igualmente, e dende 1989, Pita compaxinaou esta labor coa de deputado no Parlamento de Galicia, do que fixo parte dende a III lexislatura, e no que foi voceiro do Partido Popular nas lexislaturas V e VI. De marcado conservadorismo, cómpre salientar deste período as súas rifas verbais coa oposición, especialmente con Xosé Manuel Beiras, voceiro do Bloque Nacionalista Galego.
En 1998 é nomeado Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas, no terceiro goberno de Manuel Fraga, razón pola que dimite coma concelleiro de Betanzos. Mantén o cargo no seguinte goberno da Xunta, e ata a derrota do PP nas eleccións autonómicas de 2005.
Predecesor: ' |
Conselleiro da Presidencia e de Administracións Públicas 1998-2005 |
Sucesor: José Luis Méndez Romeu |