Victor Hugo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pnb:وکٹر ہیوگو
Almabot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: yo:Victor Hugo
Liña 210: Liña 210:
[[vo:Victor Hugo]]
[[vo:Victor Hugo]]
[[war:Victor Hugo]]
[[war:Victor Hugo]]
[[yo:Victor Hugo]]
[[zh:维克多·雨果]]
[[zh:维克多·雨果]]
[[zh-min-nan:Victor Hugo]]
[[zh-min-nan:Victor Hugo]]

Revisión como estaba o 12 de xullo de 2010 ás 15:21

Victor Hugo, 1883.

Victor Hugo, nado en Besançon o 26 de febreiro de 1802 e finado en París o 22 de maio de 1885, foi un dos máis importantes escritores do romanticismo en francés e a miúdo é identificado como un dos mellores poetas franceses. Algunhas das súas obras máis coñecidas son Les Misérables e Notre-Dame de Paris. A súa obra é moi variada e comprende novelas, poesías, obras de teatro en verso e en prosa, discursos políticos na Asemblea Nacional francesa e unha correspondencia abundante.

Traxectoria

Pasou a maior parte da súa infancia en París. Era o máis novo dos tres fillos de Sophie Trébuchet e de Léopold Hugo. As súas viaxes e as súas estancias en Nápoles e España acompañando o seu pai, que era xeneral, marcárono bastante. Xunto cos seus irmáns fundou en 1819 unha revista, Le Conservateur littéraire ("O Conservador literario"), onde xa destacaba o seu talento. O mesmo ano gañou o concurso da Academia dos Xogos Florais de Toulouse.

O seu primeiro libro de poesía, Odas, apareceu en 1821. En 1822 casa coa súa amiga de infancia Adèle Foucher. A súa proxección literaria empezou con Cromwell, publicado en 1827. No prólogo deste drama impóñense ás convencións clásicas, sobre todo á unidade de tempo e de lugar.

Entre 1826 e 1837, pasou varias tempadas no Castelo de Roches en Bièvres, propiedade de Bertin l'Aîné, director de Le Journal des débats. Durante estas estancias coñeceu a Berlioz, Chateaubriand, Liszt, Giacomo Meyerbeer e elaborou libros de poesías entre os cales se atopa o famoso Feuilles de automne.

Ata unha idade moi adiantada tivo varias amantes. A máis coñecida, a actriz Juliette Drouet, que lle consagrou a súa vida, liberouno da prisión tras o golpe de estado de Napoleón III. Escribiu moitos poemas para ela.

Educado pola súa nai, orixinaria da rexión da Vendée, na lealdade ao realismo, foise convencendo amodo das virtudes da democracia. Nun poema escribiu por tal de xustificarse: "onde o coñecemento só é dun home, imponse a monarquía, onde é dun grupo de homes, ha deixar o seu lugar á aristocracia. E cando todo o mundo ten acceso ao saber quere dicir que chegou o tempo da democracia". Unha vez convertido á democracia liberal e humananista, foi elixido deputado da Segunda República francesa en 1848, e apoiou a candidatura do "Príncipe Luís-Napoleón", pero se exiliou tras o golpe de estado do 2 de decembro de 1851 que condenou por razóns morais (Histoire d'un crime).

Baixo o Segundo Imperio, oposto a Napoleón III, viviu exiliado, primeiro en Bruxelas e despois en Jersey e Guernesey. Foi un dos poucos proscritos que rexeitou a amnistía que se concedería pouco tempo despois. A perda da súa filla Léopoldine en Villequier en 1843 afectouno bastante.

Durante a década de 1860, atravesou varias veces o Gran Ducado de Luxemburgo como turista, en dirección ao Rhin alemán (1862, 1863, 1864, 1865). En 1871, tras a Comuna de París, ao ser expulsado de Bélxica por proporcionar refuxio a comuneiros perseguidos na capital francesa, atopou asilo durante tres meses e medio en Luxemburgo. Despois volveu a París e foi unha das figuras políticas da Terceira República Francesa.

De acordo coa súa última vontade, soterrárono no Panteón de París. A caixa fúnebre mantívose durante bastantes días baixo o Arco do Triunfo, onde se cre que foi visitada por unhas 3 millóns de persoas. Foi designado como o Rei Sol da literatura.

Obras

Teatro

  • Cromwell (1827)
  • Hernani (1830)
  • Marion Delorme (1831)
  • Le Roi s'amuse (1832)
  • Lucrèce Borgia (1833)
  • Marie Tudor (1833)
  • Angelo, tyran de Padoue (1835)
  • Ruy Blas (1838)
  • Les Burgraves (1843)
  • Torquemada (1882)
  • Théâtre en liberté (1886)

Novelas

  • Bug-Jargal (1826)
  • Han d'Islande (1823)
  • Le Dernier Jour d'un condamné (1829)
  • Notre-Dame de Paris (1831)
  • Claude Gueux (1834)
  • Les Misérables (1862)
  • Les Travailleurs de la mer (1866)
  • L'Homme qui rit (1869)
  • Quatre-vingt-treize (1874)

Poesía

  • Odes et poésies diverses (1822)
  • Nouvelles Odes (1824)
  • Odes et Ballades (1826)
  • Les Orientales (1829)
  • Les Feuilles d’automne (1831)
  • Les Chants du crépuscule (1835)
  • Les Voix intérieures (1837)
  • Les Rayons et les ombres (1840)
  • Les Châtiments (1853)
  • Les Contemplations (1856)
  • La Légende des Siècles (primeira serie 1859, segunda 1877 e terceira 1883)
  • Les Chansons des rues et des bois (1865)
  • L'Année terrible (1872)
  • L'Art d'être grand-père (1877)
  • Religions et religion (1880)
  • Les Quatre Vents de l'esprit (1881)
  • La Fin de Satan (1886)
  • Toute la Lyre (1888 eta 1893)
  • Dieu (1891)
  • Les Années funestes (1898)
  • Dernière Gerbe (1902)
  • Océan. Tas de pierres (1942)

Outros textos

  • Étude sur Mirabeau (1834)
  • Littérature et philosophie mêlées (1834)
  • Le Rhin (1842)
  • Napoléon le Petit (1852)
  • Lettres à Louis Bonaparte 1855)
  • William Shakespeare (1864)
  • Paris-Guide (1867)
  • Mes Fils (1874)
  • Actes et paroles - Avant l'exil (1875)
  • Actes et paroles - Pendant l'exil (1875)
  • Actes et paroles - Depuis l'exil (1876)
  • Histoire d'un crime - 1re partie (1877)
  • Histoire d'un crime - 2e partie (1878)
  • Le Pape (1878)
  • L'Âne (1880)
  • L'Archipel de la Manche (1883)
  • Œuvres posthumes
  • Choses vues - 1re série (1887)
  • Alpes et Pyrénées (1890)
  • France et Belgique (1892)
  • Correspondances - Tome I (1896)
  • Correspondances - Tome II (1898)
  • Choses vue - 2e série (1900)
  • Post-scriptum de ma vie (1901)
  • Mille Francs de récompense (1934)
  • Pierres(1951)
  • Mélancholia

Véxase tamén

Modelo:Link FA Modelo:Link FA

Modelo:Link FA Modelo:Link FA Modelo:Link FA