Froila I: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 24: | Liña 24: | ||
==Véxase tamén== |
==Véxase tamén== |
||
*[[reino de Galicia]] |
*[[reino de Galicia]] |
||
== Bibliografía == |
|||
* Xosé Antonio López Teixeira, ''Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910)'', Editorial Toxosoutos, S.L. 02/[[2003]]. |
|||
* Anselmo López Carreira, ''O reino medieval de Galicia'', Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., [[2005]], ISBN 84-96403-54-8. |
|||
* Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, ''Os reis de Galicia'', Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1. |
|||
* Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo. |
|||
* Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN: 978-84-936218-1-0. |
|||
Revisión como estaba o 27 de abril de 2010 ás 15:11
Froila I de Asturias (722 — Cangas de Onís, 768), fillo de Afonso I sucedeuno á fronte dos territorios patrimoniais, aqueles que logrou expandir alén da Cordilleira Cantábrica durante o seu reinado (757-768). Coma no caso do su pai, o denominativo "de Asturias" é debido a diversos autores do romanticismo español de mediados do século XIX denominación que aínda hoxe ten gran vixencia, pero que as crónicas medievais xamais chegaron a atribuirlle. Pola súa pertenza á Galicia alto-medieval, tamén está recoñecido dentro do cómputo de reis de Galicia por boa parte dos historiadores galegos actuais, condecendolle o nome de Froila I.
Reinado
Ao comezo do seu reinado enfrentouse a un exército enviado por Abderramán I, emir de Córdoba, en Pontumio (Galiza). Nesta batalla tomou prisioneiro a Ahumar, fillo de Abderramán, que foi degolado.
Tivo que reprimir duramente unha rebelión dos vascóns de Álava contra a súa autoridade. Tomou algúns reféns, entre eles a unha nobre chamada Munia, que sería a súa esposa. Pouco despois, según contan as dúas versións da Crónica afonsina, tivo que reprimir outra rebelión dos nobres galegos no ano 766, aos que venceu.
Reformou o clero do seu reino, prohibindo o casamento aos clérigos e incluso obrigando a deixar a esposa aos casados, o que lle gañou a inimizade de grande parte deste estamento.
Froila fundou diversos mosteiros da Orde de San Bieito, entre eles o de San Vicente de Oviedo, que foi a orixe da cidade de Oviedo; onde está enterrado xunta á súa esposa. O Cartulario de San Millán da Cogolla recolle a constitución, outorgada por Froila o 24 de abril de 759, dun convento feminino de 28 monxas co seu presbítero en San Miguel de Pedroso (Burgos), na fronteira este do reino, onde un forte núcleo visigodo-cristiano resistiu a invasión árabe ao amparo dos Montes de Aiago e a Serra da Demanda.
Vendo que o seu irmán Vimarano gañaba as simpatías da aristocracia, matouno el mesmo persoalmente, acusándoo de encabezar unha conspiración para destronalo. Isto concitoulle a inimizade da nobreza, que confabulou para asasinalo na corte de Cangas de Onís. Unha vez asasinado Froila, resultou elixido coma sucesor ao trono o seu curmán Aurelio, fillo de Froila Pérez.
Os fillos de Froila foron Afonso, que sería o noveno rei de Asturias (Afonso II o Casto), e Ximena. A súa nai Munia, temendo polas dúas vidas, enviounos ao Mosteiro de Samos (Lugo), fundado polo seu marido.
Predecesor: Afonso I |
Rei en Galicia 757?-768? |
Sucesor: Aurelio |
Véxase tamén
Bibliografía
- Xosé Antonio López Teixeira, Arredor da conformación do Reino de Galicia (711-910), Editorial Toxosoutos, S.L. 02/2003.
- Anselmo López Carreira, O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, S.A., 2005, ISBN 84-96403-54-8.
- Anselmo López Carreira, Tucho Fernández Cal, Os reis de Galicia, Vigo : A Nosa Terra, 2003. ISBN 84-96203-27-1.
- Nogueira, C. (2001): A Memoria da nación: o reino da Gallaecia. Xerais, Vigo.
- Barbosa Álvarez, José Manuel, Atlas histórico da Galiza, Ediçons da Galiza, ISBN: 978-84-936218-1-0.