Conversa:Froila I

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Alguén ten referencias se o nome galego é Fruela ou ben é Froila ou se os dous nomes son posibles.--Miñato 18:29, 31 agosto 2007 (UTC)

Debe ser Froila en galego cultista (Froia sería evolución patrimonial, e mesmo podería ser transcrito como Froilán; Fruela é unha castelanización; ou asturiano-leonés en orixe: Fruella e, logo castelanizado). A forma orixinaria, nos textos latinos altomedievais, era Froila. Cfr Crónica Albeldense: "Froila filius eius regnauit" (Seu fillo Froila reinou) - Crónica Rotense: "Post Adefonsi discessum, Froila filius eius sucessit in regnum" (Logo do deceso de Afonso, seu fillo Froila sucedeu no reino) - Crónica Ovetense: "Post Adefonsi discessum, Froila filius eius sucessit in regnum" (é un calco do texto anterior) - Crónica Ovetense: "Post Froilanis interitum consubrinus eius Aurelius, filius Froilanis fratris Adefonsi, sucessit in regnum" (Despois do interludio de Froila(n), Aurelio fillo de Froila(n), irmán de Afonso, sucedeu no reino) - Montes, 28 outubro 2007, 1:23.

Bibliografía[editar a fonte]

Sobre a bibliografía recentemente engadida (edición revertida e logo de novo recuperada), sospeito que non se trata dunha listaxe de obras das que foi extraído o contido do artigo, senón máis ben dunha achega de tipo decorativo. Isto dígoo porque non houbo unha edición do artigo parella á inclusión desta listaxe bibliográfica. Como non me peta iniciar unha guerra de edicións, fágoo constar aquí ad maiorem Dei gloriam. Xoacas(non che sinto?) 19:43, 28 de abril de 2010 (UTC)

Xa non por maiorem Dei gloriam, senón por resposta ás túas sospeitas, acabo de referenciar toda información que aparece na bibliografía empregada -en parte- deste artigo. Sendo eu mesmo quen colocou esta bibliografía, teño eu tamén sospeitas de que a alusión de "achega de tipo decorativo" non é especialmente agarimosa, pero como ben digo, só son sospeitas. Eu tampouco quero ningunha guerra de edicións, entendo que nós -a galipedia- somos xente coerente, pacífica e que podemos chegar a acordos coa forza da verba. Tendo en conta iso, nestes días vou traballar no artigo, e trasladarei a aqui o que concluamos na Conversa sobre o rei Silo, para facer da secuencia real, algo lóxico e coerente, posto que agora é dificilmente comprensible, non por datos nin edicións, senón pola relación entre os artigos. Un saúdo.--Alexandre Vigo 09:34, 6 de maio de 2010 (UTC)