Artes liberais: Diferenzas entre revisións
m robot Modificado: zh:通識教育 |
m robot Añadido: ru:Семь свободных искусств |
||
Liña 48: | Liña 48: | ||
[[pl:Siedem sztuk wyzwolonych]] |
[[pl:Siedem sztuk wyzwolonych]] |
||
[[pt:Artes liberais]] |
[[pt:Artes liberais]] |
||
[[ru:Семь свободных искусств]] |
|||
[[sk:Sedem slobodných umení]] |
[[sk:Sedem slobodných umení]] |
||
[[sv:De fria konsterna]] |
[[sv:De fria konsterna]] |
Revisión como estaba o 12 de xuño de 2006 ás 11:02
O concepto de arte liberal, herdado da antigüidade clássica, fai referencia ó seu cultivo por "homes libres" en oposición ás "artes serviles". O termo artes liberais (en latín artes liberales) designaba os estudos que tiñan como propósito ofrecer coñecementos xerais e destrezas intelectuais antes que destrezas profesionais ou ocupacionais especializadas.
Durante a Idade Media, as artes liberais conformaban a parte central do curriculum das universidades. Alcuíno, conselleiro intelectual de Carlomagno adoptounas como base da reforma escolar levada a cabo durante o periodo do Renacemento carolinxio). Nas teorías educativas medievais o quadrivium seguía o traballo preparatorio do trivium. Aínda que o esquema de trivium e quadrivium é ás veces coñecido como "educación clásica" correspóndese fundamentalmente cun desenvolvemento medieval que chega ós séculos XII e XIII.
O ámbito e alcance das artes liberais evolucionou no tempo. Incialmente refería a educación das élites nos clásicos. Boecio, o "último romano, o primeiro escolástico", nunha tentativa case desesperada de transmitir ós novos donos de Italia a civilización clásica, permanece no reino dos ostrogodos para tentar ensinarlhes os rudimentos do quadrivium. Do século VI en diante o sistema medieval de estudos académicos corresponderase co esquema duplo dos contidos do trivium e quadrivium pero coa aparición das Humanidades e da Ciencia na época da Ilustración, o significado de "artes liberais" esténdese ata abranguer a ambas. Son aínda excluídas das artes liberais ocupacións específicas como a agricultura, os negocios, a enxeñería, a pedagoxía, a medicina ou a farmacia.
As sete artes liberais que se ensinaban na antigüidade comprendían dous grupos de estudos: o trivium e o quadrivium. Eran estas (acompáñadas a seguir da súa materia principal en latín):
- a gramática, lingua "a lingua";
- a dialéctica, tropus "as figuras";
- a retórica, ratio "a razón";
- a aritmética, numerus "os números";
- a xeometría, angulus "os ángulos";
- a astronomía,astra "os astros";
- a música, tonus "os cantos";.
O trivium
O trivium, (lat. "tres vías ou camiños") agrupaba as disciplinas literarias (relacionadas coa elocuencia). A máxima latina Gram. loquitur, Dia. vera docet, Rhet. verba colorat resume os contidos e ensinanzas de cada unha delas:
- Gramática, a ciencia do uso correcto da lingua, axuda a falar;
- Dialéctica, a ciencia do pensamento correcto, axuda a buscar a verdade;
- Retórica, a ciencia da expresión, ensina a colorear as palabras;
O quadrivium
O quadrivium (lat. "catro camiños"), agrupaba as disciplinas científicas relacionadas coas matemáticas. A máxima latina rezaba Ar. numerat, Geo ponderat, As. colit astra Mus. canit. Eran estas:
- aritmética, ensina a facer números;
- xeometría, ensina a calcular;
- astronomía, a cultivar o estudo dos astros;
- música, a producir notas.
Referencias bibliográficas
- Charles Blaich, Anne Bost, Ed Chan, e Richard Lynch (2004) Defining Liberal Arts Education. Center of Inquiry in the Liberal Arts.
- Sister Miriam Joseph (2002) The Triviuum: The Liberal Arts of Logic, Grammar, and Rhetoric. Paul Dry Books.
- Brand Blanshard (1973) The Uses of a Liberal Education: And Other Talks to Students. Open Court.