Julius Erving: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 50: Liña 50:


En [[1972]] foi declarado ''elixible'' pola [[NBA]], e foi [[Milwaukee Bucks]] quen poxou por el na duodécima elección do [[NBA Draft|Draft da NBA de 1972]]. De ter ido a xogar alí, coincidiría con dous dos máis grandes xogadores de todos os tempos, [[Oscar Robertson]] e [[Lew Alcindor]], xogador máis tarde coñecido como [[Kareem Abdul-Jabbar]]. Con todo, non lle satisfacía a elección, e tentou xogar con [[Atlanta Hawks]], chegando mesmo a xogar tres partidos de pre-tempada con eles, mais unha disposición xudicial obrigoulle a volver á [[American Basketball Association|ABA]], co seu antigo equipo. De volta á ABA, na súa segunda tempada como profesional, fixo 31,9 puntos por partido, o máximo da súa carreira, e recibiu a primeira das súas catro eleccións consecutivas no mellor quinteto da ABA, xunto con Gilmore, Billy Cunningham, James Jones e Warren Jabali. O seu estilo espectacular, unido á súa imaxe con peiteado "afro", convertéronlle enseguida na imaxe da liga.
En [[1972]] foi declarado ''elixible'' pola [[NBA]], e foi [[Milwaukee Bucks]] quen poxou por el na duodécima elección do [[NBA Draft|Draft da NBA de 1972]]. De ter ido a xogar alí, coincidiría con dous dos máis grandes xogadores de todos os tempos, [[Oscar Robertson]] e [[Lew Alcindor]], xogador máis tarde coñecido como [[Kareem Abdul-Jabbar]]. Con todo, non lle satisfacía a elección, e tentou xogar con [[Atlanta Hawks]], chegando mesmo a xogar tres partidos de pre-tempada con eles, mais unha disposición xudicial obrigoulle a volver á [[American Basketball Association|ABA]], co seu antigo equipo. De volta á ABA, na súa segunda tempada como profesional, fixo 31,9 puntos por partido, o máximo da súa carreira, e recibiu a primeira das súas catro eleccións consecutivas no mellor quinteto da ABA, xunto con Gilmore, Billy Cunningham, James Jones e Warren Jabali. O seu estilo espectacular, unido á súa imaxe con peiteado "afro", convertéronlle enseguida na imaxe da liga.

=== New York Nets ===
Os Squires, como moitos outros equipos da liga do balón tricolor, non pasaban polo seu mellor momento económico, e víronse forzados a traspasar ao Dr.J aos [[New York Nets]] xunto con Willie Sojourner a cambio de George Carter, os dereitos de draft de Kermit Washington e diñeiro. Na súa primeira tempada no equipo, Erving liderou ás Nets a unha marca de 55-29 na tempada regular e a gañar o seu primeiro título da ABA ante [[Utah Stars]]. Ademais, repetiu como máximo anotador da liga con 27,4 puntos por partido, quedando tamén sexto na liga en asistencias e terceiro en roubos de balón e tapóns. Aquela tempada gañou o primeiro do seu tres consecutivos premios [[MVP da NBA|MVP da ABA]]. Erixiuse nese momento no mellor xogador da liga, e nun símbolo para a mesma, que fixo que gañase credibilidade, e que sumase moitos fans naqueles anos.

En [[1976]] a liga agonizaba, con varios equipos desaparecidos e outros preto da ruína. Porén, reviviu grazas á creación do primeiro concurso de mates da historia, no que Erving gañou a Gilmore, Kenon, [[George Gervin]] e a David Thompson. Os Nets conseguiron praza na ampliada [[NBA]], non sen antes derrotar a [[Denver Nuggets]], naquel momento outro dos equipos que deu o salto, na última final do campionato, que terminou con Erving promediando 34,7 puntos nos playoffs, o que lle converteu no [[MVP da NBA|MVP]] dos mesmos. Ademais, por tecera vez conseguiu ser o máximo anotador da tempada regular, esta vez con 29.3 por partido. En cinco tempadas na [[American Basketball Association|ABA]], Erving acumulou dous campionatos, tres títulos de [[MVP da NBA|MVP]] e encabezou en tres ocasións a lista de máximos anotadores.


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 29 de marzo de 2010 ás 20:49

Julius Erving
Julius (Dr. J) Erving
Posición Aleiro
Dorsal 32, 6
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Nacemento 22 de febreiro de 1950 (74 anos)
Roosevelt, Nova York
Carreira
Universidade Massachusetts
NBA Draft 1972 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Milwaukee Bucks
Tempadas 19711987
Equipo(s)
Estatísticas (NBA e ABA)
Puntos     30 026 (24,2 pp)
Rebotes     10 525 (8,5 pp)
Roubos     2 272 (2,0 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Julius Winfield Erving II, nado o 22 de febreiro de 1950 en Roosevelt, Nova York, comunmente coñecido polo alcume de Dr. J, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que destacou nas décadas dos 70 e os 80. Desenvolveu a súa carreira profesional primeiro na ABA e despois na NBA, e axudou a desenvolver o estilo de xogo moderno, sendo ademais un dos pioneiros do mate, popularizando o espectacular "Tomahawk" e o seu mate dende a liña de tiro libre.[1]

Erving gañou tres campionatos, catro premios MVP e tres títulos de máximo anotador tanto na ABA, con Virginia Squires e New York Nets, como na NBA, con Philadelphia 76ers. É o quinto máximo anotador da historia do baloncesto profesional con 30.026 puntos (NBA e ABA combinados). O Dr. J foi nomeado un dos "cincuenta mellores xogadores da historia da NBA" e en 1993 foi incluído no Basketball Hall of Fame. Moitos o consideran un dos xogadores de baloncesto máis espectaculares da historia e un dos mellores "dunkers" de tódolos tempos, ademais de innovar co drible "cros-over" drible e os pases sen mirar.

Traxectoria deportiva

Universidade

O Doutor J, alcume que xa tiña no Instituto Roosevelt, iniciou os seus estudos na Universidade de Massachusetts en 1968. En dous anos de carreira, tivo unha espectacular media de 26,3 puntos e 20,2 rebotes por partido, a pesar dos seus escasos 1,98 metros de estatura. Debido a iso é un dos únicos cinco xogadores que conseguiron a fazaña de superar unha media de máis de 20 puntos e 20 rebotes na NCAA. A pesar diso, non atraeu demasiado a atención do público naqueles anos.[2]

Virginia Squires

Nunha época na cal dúas grandes ligas convivían, e o fluxo de xogadores dunha a outra era frecuente, Erving decidiu asinar como axente libre por Virginia Squires, da ABA, en 1971. Aínda que os Squires xa contaban co anotador Charlie Scott, pronto se gañou unha reputación como xogador, e sobre todo, polo espectacular do seu xogo, en especial os seus mates. Nesa primeira tempada como profesional, tivo unha media de 27,3 puntos por partido, quedando segundo na carreira cara ao premio de Rookie do Ano por detrás doutra lenda, Artis Gilmore. Foi seleccionado no segundo mellor quinteto da liga e no primeiro de rookies. Tras finalizar a tempada cunha marca de 45 vitorias e 39 derrotas, segundos no Leste detrás dos 68-16 de Kentucky Colonels, os Squires chegaron até as Finais da División Leste, onde foron derrotados polos New York Nets de Rick Barry. En playoffs, Erving fixo 33,3 puntos por partido, tanto na serie ante The Floridians como na dos Nets.[3]

En 1972 foi declarado elixible pola NBA, e foi Milwaukee Bucks quen poxou por el na duodécima elección do Draft da NBA de 1972. De ter ido a xogar alí, coincidiría con dous dos máis grandes xogadores de todos os tempos, Oscar Robertson e Lew Alcindor, xogador máis tarde coñecido como Kareem Abdul-Jabbar. Con todo, non lle satisfacía a elección, e tentou xogar con Atlanta Hawks, chegando mesmo a xogar tres partidos de pre-tempada con eles, mais unha disposición xudicial obrigoulle a volver á ABA, co seu antigo equipo. De volta á ABA, na súa segunda tempada como profesional, fixo 31,9 puntos por partido, o máximo da súa carreira, e recibiu a primeira das súas catro eleccións consecutivas no mellor quinteto da ABA, xunto con Gilmore, Billy Cunningham, James Jones e Warren Jabali. O seu estilo espectacular, unido á súa imaxe con peiteado "afro", convertéronlle enseguida na imaxe da liga.

New York Nets

Os Squires, como moitos outros equipos da liga do balón tricolor, non pasaban polo seu mellor momento económico, e víronse forzados a traspasar ao Dr.J aos New York Nets xunto con Willie Sojourner a cambio de George Carter, os dereitos de draft de Kermit Washington e diñeiro. Na súa primeira tempada no equipo, Erving liderou ás Nets a unha marca de 55-29 na tempada regular e a gañar o seu primeiro título da ABA ante Utah Stars. Ademais, repetiu como máximo anotador da liga con 27,4 puntos por partido, quedando tamén sexto na liga en asistencias e terceiro en roubos de balón e tapóns. Aquela tempada gañou o primeiro do seu tres consecutivos premios MVP da ABA. Erixiuse nese momento no mellor xogador da liga, e nun símbolo para a mesma, que fixo que gañase credibilidade, e que sumase moitos fans naqueles anos.

En 1976 a liga agonizaba, con varios equipos desaparecidos e outros preto da ruína. Porén, reviviu grazas á creación do primeiro concurso de mates da historia, no que Erving gañou a Gilmore, Kenon, George Gervin e a David Thompson. Os Nets conseguiron praza na ampliada NBA, non sen antes derrotar a Denver Nuggets, naquel momento outro dos equipos que deu o salto, na última final do campionato, que terminou con Erving promediando 34,7 puntos nos playoffs, o que lle converteu no MVP dos mesmos. Ademais, por tecera vez conseguiu ser o máximo anotador da tempada regular, esta vez con 29.3 por partido. En cinco tempadas na ABA, Erving acumulou dous campionatos, tres títulos de MVP e encabezou en tres ocasións a lista de máximos anotadores.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas