Vitamina B2: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: dv:ވިޓަމިން ބީ2 |
m bot Engadido: id:Riboflavin |
||
Liña 34: | Liña 34: | ||
[[hr:Vitamin B2]] |
[[hr:Vitamin B2]] |
||
[[hu:Riboflavin]] |
[[hu:Riboflavin]] |
||
[[id:Riboflavin]] |
|||
[[it:Riboflavina]] |
[[it:Riboflavina]] |
||
[[ja:リボフラビン]] |
[[ja:リボフラビン]] |
Revisión como estaba o 7 de febreiro de 2010 ás 10:51
Esta vitamina hidrosoluble, tamén coñecida como riboflavina, intervén nos procesos encimáticos relacionados coa respiración celular, en oxidaciones tisulares e na síntese de ácidos graxos. É necesaria para a integridade da pel e das mucosas e pola súa actividade osixenadora da córnea para a boa visión. A súa presenza faise máis necesaria cantas máis calorías incorpore a dieta.
As súas fontes naturais son as carnes e produtos lácteos, cereais, fermentos e vexetais verdes.
As súas necesidades diarias son de 1,5 mg para nenos e de 1,7 mg para adultos. Por outra banda, a riboflavina non é almacenada polo organismo, polo que o exceso de consumo se elimina por vía urinaria.
A súa carencia xera trastornos oculares, bucais e cutáneos, cicatrización lenta e fatiga. Máis que á unha inxesta insuficiente pode ser debida a réximes non equilibrados, alcoholismo crónico, diabetes, hipertiroidismo, exceso de actividade física, estados febrís prolongados, lactación artificial, tensión, calor intensa ou ó uso dalgunhas drogas.
Esta vitamina é sensible á luz solar e a certos tratamentos, como a pasteurización, proceso que fai perder o 20% do seu contido. Por exemplo, a exposición á luz solar dun vaso de leite durante dúas horas fai perder o 50% do seu contido de vitamina B.
É un aditivo alimentario permitido pola Unión Europea, identificado polo código E101.