All-Ireland League: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 124: Liña 124:
* [[Ards RFC|Ards]] ([[Newtownards]])
* [[Ards RFC|Ards]] ([[Newtownards]])
* [[Banbridge RFC|Banbridge]] ([[Banbridge]])
* [[Banbridge RFC|Banbridge]] ([[Banbridge]])
* [[Barnhall RFC|Barnhall]] ([[Celbridge]])
* [[Barnhall RFC|Barnhall]] ([[Celbridge - Cill Droichid|Celbridge]])
* [[Connemara RFC|Connemara]] ([[Clifden]])
* [[Connemara RFC|Connemara]] ([[Clifden]])
* [[County Carlow Football Club|County Carlow]] ([[Carlow]])
* [[County Carlow Football Club|County Carlow]] ([[Carlow]])

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2010 ás 12:50

A AIB League ou All Ireland League é a liga nacional de rugby de Éire, que inclúe a 48 equipos seniors divididos en tres divisións da República de Irlanda e Irlanda do Norte. Actualmente é a máxima categoría do rugby irlandés. A primeira división é semiprofesional. Os clubes son representados polos equipos provinciais de rugby, que compiten contra os equipos galeses e escoceses na Magners League.

Os clubes da provincia de Munster dominaron históricamente esta competición, principalmente da man dos equipos de Limerick con 13 de 19 títulos.

Historia

A liga foi inaugurada na tempada 1990-91, ao igual que Gales, que tamén adoptou o modelo dun campionato de clubes segundo o modelo francés ese mesmo ano. Escocia foi o país precursor, desputando a súa primeira liga de clubes en 1974, e Inglaterra o fixo en 1987. O obxectivo era poder formar aos novos xogadores en mellores condicións de cara á Copa do Mundo de Rugby 1987.

Na tempada inaugural a liga non estaba patrocinada, mais durante seis anos foi patrocinada por Insurance Corporation, e dende 1998 por Allied Irish Banks. Por motivos de patrocinio actualmente é denominada AIB League.

Na primeira tempada, a primeira división estaba composta por nove clubes e a segunda por 10. En 1993 pásase a catro divisións (3 de 12 equipos e unha de 10). Logo da reforma de 1999 o número de divisións pasa a 3, cada unha formada por 16 clubes (48 en total).

As finais das tres divisións son desputadas polo xeral o mesmo día no estadio Lansdown Road de Dublín.

A IRFU anunciou que a estructura de 3 divisións de 16 equipos continuaría canto menos as tempadas 2007-08 e 2008-09.[1]

Division 1

AIB League Division 1A na tempada 2009-10

AIB League Division 1B na tempada 2009-10

Campións por ano da Division One

1991 Cork Constitution
1992 Garryowen
1993 Young Munster
1994 Garryowen
1995 Shannon
1996 Shannon
1997 Shannon
1998 Shannon-Garryowen 15-9
1999 Cork Constitution-Garryowen 14-11
2000 St Mary's College-UCD 25-22
2001 Dungannon-Cork Constitution 46-12
2002 Shannon-Cork Constitution 21-17
2003 Ballymena-Clontarf 28-18
2004 Shannon-Cork Constitution 22-16[a]
2005 Shannon-Belfast Harlequins 25-20
2006 Shannon-Clontarf 30-3[b]
2007 Garryowen-Cork Constitution 16-15
2008 Cork Constitution-Garryowen 18-8
2009 Shannon-Clontarf 19-19[c]
[d]

NOTAS:

[a] O Cork Constitution gañou máis puntos, mais perderon a final fronte ao Shannon.

[b] O Garryowen gañou máis puntos, mais perderons a semifinal fronte ao Shannon, que gañaría a final fronte ao Clontarf RFC.

[c] O Cork Constitution gañou máis puntos, mais caeu fronte ao Clontarf na semifinal, equipo que perdería a final fronte ao Shannon.

[d] O Shannon gañou a final ao anotar o primeiro ensaio do tempo suplementario, ao rematar o tempo regulamentario con empate a 19.

Campionatos por club

Division 2

AIB League Division 2 na tempada 2009-10

Campións por ano da Division Two

1991 Old Wesley
1992 Dungannon
1993 Lansdowne
1994 Instonians
1995 Old Belvedere
1996 Old Crescent
1997 Clontarf
1998 Galwegians
1999 Dungannon
2000 Blackrock College
2001 University College Dublin
2002 Belfast Harlequins-UL Bohemian 43-29
2003 Dolphin-Old Crescent 29-19
2004 Dublin University-UL Bohemian 23-22
2005 UL Bohemian-St. Mary's College 18-12
2006 Terenure College-Dolphin non se desputou a final
2007 Greystones-Old Belvedere 37-21
2008 UCC-Young Munster 18-8

Division 3

AIB League Division 3 na tempada 2009-10

Campións por ano da Division Trhee

1994 University College Dublin
1995 North of Ireland
1996 Monkstown
1997 Buccaneers
1998 Portadown
1999 University College Dublin
2000 Ballynahinch
2001 Thomond
2002 Connemara-Dublin University 25-21
2003 Wanderers-Waterpark 51-5
2004 Greystones-Ards 18-11
2005 Greystones-Instonians 39-20
2006 Clonakilty-Suttonians 19-12
2007 Bruff RFC-Wanderers 18-12
2008 Instonians-Bruff RFC 32-23

Division 4

Campións por ano da Division Four

1994 UL Bohemian R.F.C.
1995 Suttonians
1996 Carlow
1997 Midleton
1998 Dublin University

Formato

Ata 1997, o campión da Primeira División era o campión da Liga Regular. Dende 1998, ao finalizar a liga regular (15 partidos), os catro primeiros clasificados desputan as semifinais nun cruce que enfronta ao 1º fronte ao 4º e ao 2º fronte ao 3º, e o vencedor da final proclámase campión de liga.

Actualmente, os dous primeiros clasificados da D1 B ascenden á D1 A, os dous últimos da D1 B descenden á D2 e os dous últimos clasificados da D1 A descenden á D1 B. Os dous primeiros clasificados da Segunda e Terceira Divisións ascenden á seguinte división. Os dous últimos clasificados da Primeira e a Segunda divisións descenden á anterior división. O último clasificado da Terceira División descende á Liga Rexional. Para remplazalo, o penúltimo clasificado da D3 xoga un minicampionato de promoción cos catro equipos rexionais (Connacht, Leinster, Munster e Ulster Provincial Junior Leagues) á Terceira División (Round Robin Competition). O campión deste minicampionato ocupa a última praza da liga.

A vitoria dá 4 puntos, o empate 2 puntos e a derrota 0. Os puntos de bonus ofensivos (4 ensaios ou máis anotados nun partido) e defensivos (perder por menos de 8 puntos) se dan reparten dende 1999.

Se un partido da final remata con empate ao final dos 80 minutos regulamentarios o seguinte criterio elixe ao vencedor:

  • Xógase unha prórroga de dez minutos.
  • Se logo da prórroga, o club anotou máis ensaios é o gañador.
  • Se segue empatado, o club que finalizara nunha posición máis alta a Liga Regular é o campión.

Ligazóns

Notas