Clifden
Clifden An Clochán | |||
---|---|---|---|
Provincia | Connacht | ||
Condado | Condado de Galway | ||
Poboación | 3.284 (1.255 na vila) hab. | ||
Altitude | 50 metros | ||
| |||
Cidade da República de Irlanda ![]() |
Clifden (en irlandés: An Clochán) é unha vila de Connemara, no Condado de Galway, na provincia de Connacht, ao Oeste de Irlanda.
Xeografía[editar | editar a fonte]
A cidade máis grande de Connemara atópase entre a costa do océano Atlántico e o terreo escabroso das Montañas ao lado do Río Owenglen.
Historia[editar | editar a fonte]
Clifden é unha das últimas vilas construídas en Irlanda. John D’Arcy fundouno no século XIX nunha tentativa por atraer o comercio á zona.
Pola situación de Clifden ao lado do río e o océano Atlántico, a vila creceu rapidamente ata acadar a prosperidade na pesca. Ademais, a situación xeográfica da vila permítelle ser un lugar de turismo pola súa paisaxe de auga e montañas.
Na década de 1840, Clifden sufriu moitas dificultades a causa da fame. Moitas persoas morreron, o negocio perdeuse, e a vila quebrou. Porén, a vila puido reedificarse con subvencións estatais e volveu ser unha área próspera.
Clifden converteuse nunha vila de importancia na década de 1900, cando Guglielmo Marconi construíu o primeiro servizo radiofónico fixo que conectaba Europa con América do Norte.
Relixión[editar | editar a fonte]
Clifden encóntrase dentro da Diocese Católica de Tuam e da Diocese de Tuam, Killala e Achonry da Igrexa de Irlanda e o seu Omey Union Parroquial. Clifden ten dúas igrexas: St. Joseph's (católica) e Christ Church (anglicana).
Acceso[editar | editar a fonte]
Situado a menos de 77 km dende Galway pola estrada N59, conta con servizos de autobús que conectan Galway e Clifden.
Turismo[editar | editar a fonte]
A situación da vila preto do océano e as montañas atrae a moitos turistas cada ano. A vila ofrece moitas oportunidades para ir de excursión. Tamén, ofrece moitas tendas, bares, restaurantes e locais, e hoteis para os turistas.
A bandeira de México ondea no centro da vila honrando a John Riley e ao seu Batallón de San Patricio, que serviron nas Forzas armadas de México na Guerra de Intervención estadounidense.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]

- Twelve Bens.
- Connemara National Park.
- Abbazia di Kylemore.
- Castelo Ballynahinch.
- Sky Road.
- Derrygimlagh Bog .
- Inishbofin.
- Slyne Head Lighthouse.
- Omey Island.
Eventos[editar | editar a fonte]
- En agosto hai unha exhibición dos cabaliños de Connemara.
- En setembro hai un festival de obras de arte.
- Carreiras de cabalos.