Galway Corinthians RFC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Galway Corinthians RFC
Nome completo Galway Corinthians Rugby Football Club
Alcume(s)
Fundación 1932
Localización Connacht, Irlanda
Estadio(s) Corinthian Park, Galway
Capacidade
Presidente
Adestrador
Capitán
Máx. Anotador
Máis ensaios
Liga AIB League Div. 2
Tempada 2008-09
Posición 1º (ascenso da Div. 3 á Div. 2)
www.galwaycorinthians.ie Páxina web oficial
[[Ficheiro:Kit shorts{{{pattern_sh1}}}.png|top|link=|alt=]]
[[Ficheiro:Kit socks{{{pattern_so1}}}.png|top|link=|alt=]]
Na súa casa


O Galway Corinthians Rugby Football Club é un equipo de rugby irlandés da cidade de Galway, Connacht (Irlanda). O club foi fundado en 1932 e actualmente xoga na División Two da AIB League, a terceira categoría do rugby irlandés. O seu estadio é Corinthian Park, en Cloonacauneen, Condado de Galway.

O club forma parte da federación de Connacht, por tradición a máis feble das catro federacións da Illa.

Historia[editar | editar a fonte]

O 13 de setembro de 1932 unha breve nova no Connacht Sentinel anunciou a formación dun novo club de rugby en Galway. Os seus membros eran na súa meirande parte do centro da cidade e pertencentes á clase traballadora e estaba composto por estudantes e xogadores do St. Joseph's Patrician College (The Bish) e a Escola de Gramática de Galway. O primeira reunión do club foi no Instituto de Mecánica de Middle Street.

Na tempada 2008-09 acadou o ascenso á Division Two da AIB League, a terceira categoría do rugby irlandés.

Ligazóns[editar | editar a fonte]