Islay: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TobeBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ga:Ìle
Liña 90: Liña 90:
[[fi:Islay]]
[[fi:Islay]]
[[fr:Islay (Écosse)]]
[[fr:Islay (Écosse)]]
[[ga:Ìle]]
[[gd:Ìle]]
[[gd:Ìle]]
[[he:איילה]]
[[he:איילה]]

Revisión como estaba o 20 de decembro de 2009 ás 18:59

Imaxe satelital de Islay

Islay é unha illa escocesa, coñecida como A Raíña das Hébridas é a que está na situación máis austral das Hébridas Interiores. Os nativos de Islay son chamados Ìleach e o plural é Ìlich. A capital da illa é Bowmore, famosa pola súa destilería e a Igrexa de Kilarrow Parish. En segundo lugar atópase o pobo de Port Ellen.

Islay é a quinta illa máis grande de Escocia e a sexta illa máis grande que rodea Gran Bretaña (excluíndo Irlanda).

Islay posúe pouco máis de 3.000 habitantes. Ten máis de 600 quilómetros cadrados como área total. A súa principal industria baséase na destilación do whisky e o turismo desta bebida xunto co birdwatching (observación de aves).

A illa é fogar de moitas especies de aves e é un popular punto de reunión durante todo o ano para observadores de paxaros, cabe destacar que en Febreiro pódense ver grandes colonias de Branta laucopsis. Entre as aves que habitan a illa pódense atopar a chova piquirroxa, cormorans, o aguiucho pálido e o ostrero común e outras aves.

O clima en Islay é frecuentemente máis agradable que no resto das terras escocesas, debido á Corrente do Golfo. Moitas persoas consideran a Islay como a illa escosesa máis fermosa.

Xeografía

A poboación da illa está principalmente concentrada ao redor dos poboados de Bowmore, Port Ellen e Port Charlotte. Outras vilas e poboados menores son Portnahaven, Bridgend, e Port Askaig. O resto da illa está escasamente poboada e está dedicada á actividade agrícola.

O recuncho Suroeste da principal sección da illa é en gran parte rochoso, denominando a esta rexión como The Oa. O brazo oeste da illa é chamado Rhinns de Islay. Pódense achar unha gran cantidade de ensenadas.

Historia

A prehistoria de Islay data do período Mesolítico, cerca do ano 8.000 adC cos seus primeiros asentamento no Neolítico. En Islay poden atoparse asentamentos continuos de fai dez mil anos.

O primeiro rexistro histórico comeza cun documento referente a San Columba, quen probablemente pasou por Islay na fundación do mosteiro de Iona no século VI. Neste tempo Islay atopábase dentro dos territorio do reino de Dál Riata, baixo o goberno dos Cenél nÓengusa.

Entre os séculos XIV e XVI a costa oeste de Escocia foi gobernado polo Señorío das Illas de Finlaggan, proveniente de Islay. Os origenes deste señorío data desde da derrota dos daneses na costa de Islay en 1566 a mans de Somerled.

En 1830 a poboación da illa descendeu dos seus 15.000 habitantes drasticamente, debido aos Highland Clearances. Os emigrantes de Islay instaláronse en Ontario, Canadá;Carolina do Norte, Carolina do Sur en Estados Unidos e Australia.

Durante a Segunda Guerra Mundial, a Royal Air Force, construíu un campo de aviación en Glenegedale que máis adiante se converteu nun aeroporto civil para Islay. Había tamén unha base da Royal Air Force en Bowmore para avións que podían aterrar tanto en auga como en terra e utilizaba a Loch Indaal (Ensenada Indaal)

Clima

A influencia da Corrente do Golfo fai que o clima sexa comparable co de Escocia. A neve cae de cando en cando e a néboa é pouco densa e de curta duración. Algúns din que é o paraíso dos xardineiros, pois non é difícil atopar especies exóticas nos xardíns. Con todo os vendavais invernais que varren desde o Atlántico poden facer que sexa difícil viaxar e vivir durante esta estación, mentres que a navegación e os transbordos aéreos atrásanse con frecuencia. O bo tempo tende a chegar logo de Pascua, estendéndose o verán ata Setembro.

Transporte

As estradas de Islay son polo xeral dunha soa vía. As rutas principais de dúas vías son a A846 desde Ardbeg a Port Askaig vía Port Ellen and Bowmore, e a A847 corre pola costa este de Rhinns.

A illa conta co seu propio aeroporto (Glenegedale Airport) con servizos cara a e desde Glasgow.

Destilerías

Na illa prodúcese unha variedade de whisky escocés especial denominado Whisky de Islay, que é producido amplamente polas destilerías do territorio.

As destilerías do sur da illa producen un whisky de sabor turboso moi forte. Desde o Leste ao Oeste estan Ardbeg, Lagavulin, e Laphroaig. (Estes son considerados os whiskys/whiskies cos sabores máis intensos). No norte da illa Bowmore, Bruichladdich, Bunnahabhain, e a destilería Caol Ila tamén producen whisky, pero posúe un gusto máis lixeiro. Antigamente existían máis destilerías: Port Ellen pechouse en 1983 mentres que a Lochindaal en Port Charlotte foi pechada en 1929. Pouca mestura realízase na illa, con todo, desde que un grupo de privados comprou a destilería Bruichladdich, o whisky é mesturado aí polo mestre destilador James McEwan.

Destilería de Bunnahabhain.

No 2005 abriuse unha pequena destilería na granxa Rockside. Chamada Kilchoman, foi oficialmente aberta en Xuño e destilou por primeira vez en Novembro.

Aparte do whisky, tamén hai unha cervexa inglesa orixinal de Islay. A cervexería de Islay Ales abriu as súas portas en Marzo do 2004 e elabora sete diferentes cervexas inglesas, algunhas das cales son estacionais, ou para ocasións especiais como o Festival Anual da Malta e a Música.

Enerxía undimotriz

A posición da illa, que se atopa exposta á forza o Altántico Norte, fixo deste sitio pionerio, primeiro en Escocia, tendo a primeira estación de enerxía undimotriz. Esta enerxía é a que se produce polo movemento das ondas e non se debe confundir coa enerxía maremotriz.

A planta está situada preto de Portnahaven. O xerador de Islay foi construído e deseñado por Wavegen, investigadores da Queen's University of Belfast e foi financiado pola Unión Europea. É chamado Limpet 500 (Land Installed Marine Powered Energy Transformer, que viría facer algo así como Transformardor de Enerxía Mariña Terrestre). A súa capacidade é de 500 kilowatts.

Pesca

En Islay pódense pescar as mellores troitas marrón de Europa. Non se importaron aínda troitas arcoiris, polo que as marróns seguen dominando o ecosistema de auga doce. Durante o ano 2003 celebráronse en cinco loch ("ensenadas") a Competencia Europea de Pesca.

Vista de Port Ellen

Insulares famosos

O fillo máis famoso de Islay é George Robertson, que foi secretario xeral da OTAN e foi tamén Secretario de Defensa Británico. En 1999 fixérono Lord de Port Ellen.

O xeneral Alexander McDougall, foi unha figura na revolución americana e o primeiro presidente do Banco de Nova Iorque, naceu en Islay en 1731.

O reverendo Donald Caskie (1902-1983) oriúndo de Islay, foi coñecido como "Tartan Pimpernel" durante a Segunda Guerra Mundial debido ás súas grandiosas fazañas en Francia.

Gleen Campbell, reporte político da BBC, foi levado a Islay onde tamén traballou na escola secundaria. Aínda é recorada a súa presentación na xornada anual de pantomima.

Tradicións Célticas

En Islay estaba a Pedra de Inauguración de Loch Finlaggan. Era de sete pés de altura e tiña marcas de pegadas feitas sobre ela. Cando o xefe do Clan Donald foi instalado como "Rei das Illas" el parouse descalzo sobre as impresións da pedra e o bispo de Argyll e sete sacerdotes máis, nomeouno Rei. Durante a cerimonia un orador recitou unha lista dos seus antepasados e el era proclamado -Macdonald, Príncipe Alto da semente Conn-. O bloque de pedra foi destruído deliberadamente a principios do século XVII.