Incendio de Copenhaguen de 1728: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
adapto a partir de es.wiki
 
LucienBOT (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:
[[da:Københavns brand 1728]]
[[da:Københavns brand 1728]]
[[en:Copenhagen Fire of 1728]]
[[en:Copenhagen Fire of 1728]]
[[es:Incendio de Copenhague de 1728]]
[[is:Bruninn í Kaupmannahöfn árið 1728]]
[[is:Bruninn í Kaupmannahöfn árið 1728]]
[[no:Københavns brann i 1728]]
[[no:Københavns brann i 1728]]

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2009 ás 12:22

Zona afectada polo lume, en amarelo

O Incendio de Copenhaguen de 1728 foi o maior incendio na historia de Copenhaguen, capital de Dinamarca. Comezou na tarde do 20 de outubro de 1728 e continuou ata a mañá do 23 de outubro.

Historia

Destruíu aproximadamente o 28% da cidade, tomando como referencia o número de parcelas destruídas segundo o catastro, deixou o 20% da poboación sen fogar, e a reconstrución non concluíu ata 1737. Non menos do 47% da cidade, a cal databa da Idade Media, perdeuse completamente, e xunto co incendio de Copenhaguen de 1795, é a principal razón pola que existen poucos vestixios da Copenhaguen medieval na actualidade.

Aínda que o número de mortos e feridos foi relativamente baixo en comparación á magnitude do incendio, as perdas culturais foron substanciais. Ademais de varias coleccións privadas de libros, 35.000 textos, incluíndo un gran número de obras únicas na súa clase, perdéronse xunto coa biblioteca da Universidade de Copenhague, e no observatorio localizado no último piso da torre redonda ou Rundetårn algúns instrumentos e documentos de Tycho Brahe e Ole Rømer foron destruídos.

Bibliografía

  • LAURING, Kåre. Byen brænder - den store brand i København 1728. Editorial Gyldendal, 2003 ISBN 87-02-01895-0