Lingua algonquina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ptbotgourou (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fi:Algonkin
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
:''Para a familia lingüística da cal o algonquino forma parte, vexa [[Linguas algonquinas]].''
{{Info lingua
| nome = Algonquino
| nomenativo = Anicinâbemowin
| pronuncia =
| outrosnomes =
| estados = [[Canadá]]
| rexión = [[Quebec]] e partes de [[Ontario]]
| falantes = 2.680<ref name="census">[http://www12.statcan.ca/english/census06/data/topics/RetrieveProductTable.cfm?ALEVEL=3&APATH=3&CATNO=&DETAIL=0&DIM=&DS=99&FL=0&FREE=0&GAL=0&GC=99&GK=NA&GRP=1&IPS=&METH=0&ORDER=1&PID=89189&PTYPE=88971&RL=0&S=1&ShowAll=No&StartRow=1&SUB=705&Temporal=2006&Theme=70&VID=0&VNAMEE=&VNAMEF=&GID=837928 Estatísticas Canadá 2006]{{en}}</ref>
| extinción =
| fam1 = [[Linguas álxicas]]
| fam2 = [[Linguas algonquinas]]
| fam3 = [[Linguas algonquinas centrais]]
| fam4 = [[Lingua anishinaabe]]
| escrita =
<!-- Estatuto oficial -->
| oficial = ''Ningún lado''
| regulador = ''Non está regulada''
<!-- Códigos de linguas -->
| iso1 =
| iso2 = alg
| iso3 = alq
| sil =
<!-- Mapa -->
| mapa =
}}


O '''algonquino''' é unha lingua do grupo algonquino que se fala en [[Canadá]] próxima ao [[Lingua ojibwa|Ojibwe]], algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua<ref>Por exemplo Marianne Mithun en ''The languages of native North America'' Cambridge University Press, 2001</ref>. O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade « animada / inanimada ». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador « directo-inverso » que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción.
O '''algonquino''' é unha lingua do grupo algonquino que se fala en [[Canadá]] próxima ao [[Lingua ojibwa|Ojibwe]], algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua<ref>Por exemplo Marianne Mithun en ''The languages of native North America'' Cambridge University Press, 2001</ref>. O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade « animada / inanimada ». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador « directo-inverso » que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción.
==Distribución xeográfica==
==Distribución xeográfica==

Revisión como estaba o 4 de outubro de 2009 ás 23:21

Para a familia lingüística da cal o algonquino forma parte, vexa Linguas algonquinas.
Algonquino
Anicinâbemowin
Falado en: Canadá
Rexións: Quebec e partes de Ontario
Total de falantes: 2.680[1]
Familia: Linguas álxicas
 Linguas algonquinas
  Linguas algonquinas centrais
   Lingua anishinaabe
    Algonquino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Ningún lado
Regulado por: Non está regulada
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: alg
ISO 639-3: alq
Mapa
Status


O algonquino é unha lingua do grupo algonquino que se fala en Canadá próxima ao Ojibwe, algúns lingüistas considéranno un dialecto diverxente desta lingua[2]. O algonquino ten unha morfoloxía polisintética complexa, organiza o verbo nunha serie de catro clases en torno a unha polaridade « animada / inanimada ». (Os verbos son transitivos ou intransitivos dependendo se as clases son inanimadas ou animadas). Outra orixinalidade desta lingua é o marcador « directo-inverso » que segue a terminación do verbo e que depende se a persoa que o utiliza é o suxeito ou o obxecto da acción.

Distribución xeográfica

En verde territorio histórico de lingua algonquina

Fálase en 10 reservas e territorios indios do suroeste de Quebec e na zona de Maniwaki e Golden Lake en Ontario.

Territorio actual onde se fala algonquino

Falantes

Segundo o censo de 2006 había 2020 persoas que tiñan o algonquino como lingua materna, chegando a 2560 as persoas que podían manter unha conversación[3]. Non todos os falantes viven en reservas e hai que ter en conta que algúns definen a lingua que falan como amerindia ou lingua do grupo algonquino, polo que o número de falantes é superior ao censado.
En Quebec hai 2500 falantes (1880 como lingua materna):

  • Reserva de Lac Simon: 880 algonquino, 100 francés, 10 francés-inglés e 10 outras
  • Reserva de Pikogan: 290 algonquino, 65 francés e 65 francés-inglés
  • Reserva de Kitigan: 370 algonquino, 375 inglés, 280 inglés-francés e 15 francés
  • Reserva de Kitcisakik: 185 algonquino e 34 francés
  • Reserva de Winneway: 35 algonquino, 110 inglés e 9 inglés-francés
  • Reserva de Timiskaming: 30 algonquino, 245 inglés e 215 inglés- francés
  • Reserva de Keobaowek: 20 algonquino, 207 inglés e 15 francés
  • Reserva de Lac Rapide: 218 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes.
  • Territorio de Hunter's Point: 5 habitantes, non hai datos sobre o número de falantes

En Ontario hai 65 falantes:

  • Reserva de Pikwakanagan: 45 algonquino, 340 inglés e 20 inglés-francés

Ensino

O algonquino estúdase como materia en prescolar e en primaria. Hai tamén cursos para adultos nalgunha das reservas.

Fonoloxía

Consoantes

  Bilabial Alveolar Postalveolar Velar Glotal
Oclusiva sonora   b  [b]   d  [d]     g  [g]  
xorda   p  [p]   t  [t]     k  [k]  
aspirada   p  [pʰ]   t  [tʰ]     k  [kʰ]  
Africada sonora       dj  [ʤ]    
xorda       tc  [ʧ]    
Fricativa sonora     z  [z]   j  [ʒ]    
xorda     s  [s]   c  [ʃ]     h  [h]
Nasal     m  [m]   n  [n]      
Aproximante     w  [w]   y  [j]      

Vogais

: curtas
  • a [ʌ]
  • e [e] ou [ɛ]
  • i [ɪ]
  • o ou u [ʊ]
: longas
  • à (tamén á ou aa) [aː]
  • è (tamén é ou ee) [eː]
  • ì (tamén í ou ii) [iː]
  • ò (tamén ó ou oo) [oː]

Diptongos

  • aw [aw]
  • ay [aj]
  • ew [ew]
  • ey [ej]
  • iw [iw]
  • ow [ow]


Notas

  1. Estatísticas Canadá 2006(en inglés)
  2. Por exemplo Marianne Mithun en The languages of native North America Cambridge University Press, 2001
  3. http://www12.statcan.ca/francais/census06/analysis/aboriginal/tables/table24.htm#top Estatísticas do Canadá

Ligazóns externas