Luar na lubre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
Liña 3: Liña 3:


==Biografía==
==Biografía==
Luar na lubre creouse en 1986, mais cando adquiriu máis sona pola colaboración con [[Mike Oldfield]] nunha xira no ano 1992 e pola nova versión que Oldfield fixo de "O son do ar", un tema instrumental do grupo.
'''Luar na Lubre''' creouse en [[1986]] na cidade da [[Coruña]] e foi tecendo a súa traxectoria paseniñamente no eido musical galego até que a través da súa colaboración con [[Mike Oldfield]] nunha xira no ano [[1992]] tivo unha grande eclosión e consecuencia desta deuse a coñecer a público ao que non chegara antes, isto viuse acrescentado pola versión que Oldfield fixo, e publicou con grande éxito, de "O son do ar", un tema instrumental do grupo. Non todos os grupos poden superar un éxito de tamañas dimensións sen diluír os seus principios ou saír da situación de tan boa maneira como conseguiron eles. Na actualidade continúan a súa singradura no seu estilo e, ao tempo, experimentando con algunhas novidades.


Os instrumentos que usan son: [[gaita galega]] (e algunha que outra introdución de [[uilleann pipe]]), [[acordeón diatónico]], [[violín]], [[frauta]]s e [[whistle]]s, [[chelo]], [[guitarra]] acústica, [[bouzouki]], [[pandeireta]], [[bohdran]] e [[percusión]]s. O grupo tivo na súa historia tres voces femininas: primeiramente [[Ana Espinosa]], posteriormente estivo [[Rosa Cedrón]] e actualmente teñen a voz da cantante lisboeta [[Sara Louraço Vidal]].
Os instrumentos que usan son: [[gaita galega]] (e algunha que outra introdución de [[uilleann pipe]]), [[acordeón diatónico]], [[violín]], [[frauta]]s e [[whistle]]s, [[chelo]], [[guitarra]] acústica, [[bouzouki]], [[pandeireta]], [[bohdran]] e [[percusión]]s. O grupo tivo na súa historia tres voces femininas: primeiramente [[Ana Espinosa]], posteriormente estivo [[Rosa Cedrón]] e actualmente teñen a voz da cantante lisboeta [[Sara Louraço Vidal]].

Revisión como estaba o 13 de abril de 2009 ás 10:56

Luar na lubre ensaiando antes dun concerto no Festival internacional do mundo celta de Ortigueira.

Luar na lubre é unha das formacións máis importantes do folk galego. Obtiveron distintos premios, boas críticas, actuacións nos mellores escenarios e dous discos de ouro.

Biografía

Luar na Lubre creouse en 1986 na cidade da Coruña e foi tecendo a súa traxectoria paseniñamente no eido musical galego até que a través da súa colaboración con Mike Oldfield nunha xira no ano 1992 tivo unha grande eclosión e consecuencia desta deuse a coñecer a público ao que non chegara antes, isto viuse acrescentado pola versión que Oldfield fixo, e publicou con grande éxito, de "O son do ar", un tema instrumental do grupo. Non todos os grupos poden superar un éxito de tamañas dimensións sen diluír os seus principios ou saír da situación de tan boa maneira como conseguiron eles. Na actualidade continúan a súa singradura no seu estilo e, ao tempo, experimentando con algunhas novidades.

Os instrumentos que usan son: gaita galega (e algunha que outra introdución de uilleann pipe), acordeón diatónico, violín, frautas e whistles, chelo, guitarra acústica, bouzouki, pandeireta, bohdran e percusións. O grupo tivo na súa historia tres voces femininas: primeiramente Ana Espinosa, posteriormente estivo Rosa Cedrón e actualmente teñen a voz da cantante lisboeta Sara Louraço Vidal.

Luar na Lubre resalta a cultura galega con temas tradicionais, mais tampouco quedan fora as influencias celtas de países como Irlanda, Escocia ou a Bretaña , así como unha estreita relación coa música portuguesa que se veu reforzada coa entrada da nova cantante. Este grupo tamén ten conciencia e compromiso social coa actualidade. Evidentemente desde 1986 o estilo e tendencias do grupo evolucionou moito, cada vez soan mellor no estudio de gravación, pero sobresaen especialmente no directo.

Compoñentes

Os compoñentes do grupo (2005) son:

Discografía

  • Camiños da Fin da Terra (2007)
  • Saudade (2005)
  • Hai un paraiso (2004)
  • Espiral (2002)
  • XV Aniversario (2001)
  • Cabo do Mundo-Disco de ouro- (1999)
  • Plenilunio -Disco de ouro- (1997)
  • Ara Solis (1993)
  • Beira Atlántica (1990)
  • O Son do Ar (1988)
  • Ao Vivo (2009)[1]

O penúltimo disco de Luar na lubre (Saudade, 2005) presenta cancións con poemas de García Lorca en galego dedicados a Buenos Aires, poemas de autores galegos homenaxeando os emigrantes, unha pandeirada dedicada ao Che Guevara, etc. Nesta edición participan Pablo Milanés, Emilio Cao, Adriana Varela e Lila Downs, entre outros.

No seu último traballo, "Camiños da fin da terra", fan un percorrido por eses camiños que nos levan aos confíns do mundo, uns camiños cheos de lendas, tradicións, personaxes, historias que lle dan un profundo sabor a mar e frescura. O seu single "Os animais", baseado nunha melodía tradicional irlandesa levada polos emigrantes a América, está sendo moi visitado en youtube onde foi número 1 en varias ocasións en diferentes apartados.

Luar na Lubre acadou na gala dos Premios da Música, o 3 de abril de 2008, o recoñecemento de Mellor Album Tradicional por "Camiños da fin da terra" e Mellor Canción en Galego co tema "Canto de andar".

Audiovisual

Videoclips

  • "Tu Gitana" (1997)
  • "Chove en Santiago" (1999)
  • "El derecho a vivir en paz" (2002)
  • "Os animais" (2007)

Longametraxes

  • Un bosque de música, longametraxe documental sobre o grupo dirixido por Ignacio Vilar e editado por “Via Lactea Films” no ano 2004.

Notas

  1. http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2009/04/01/0003_7626995.htm La Voz de Galicia del 1/04/09 - recollido o 10/04/2009

Véxase tamén

Ligazóns externas