Ergotismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 53: Liña 53:
===Bibliografía===
===Bibliografía===
* LIS QUIBÉN, Víctor: ''La Medicina Popular en Galicia''. Madrid 1949 (reed. Akal, Madrid 1980).
* LIS QUIBÉN, Víctor: ''La Medicina Popular en Galicia''. Madrid 1949 (reed. Akal, Madrid 1980).
* PÉREZ BURKHARDT, J. L.: "Isquemia aguda secundaria a ergotismo", en ''Anales de Medicina Interna" 2004, vol. 21, nº 2, 63-64. Dispoñible en [http://scielo.isciii.es/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0212-71992004000200015&lng=es&nrm=iso] [consultado o 8.04.2009]
* RODRÍGUEZ, Francisco Javier : ''Diccionario gallego castellano'', edición preparada por Antonio de la Iglesia González, A Coruña, 1863. (Citado polo ''Diccionario de Diccionarios'')
* RODRÍGUEZ, Francisco Javier : ''Diccionario gallego castellano'', edición preparada por Antonio de la Iglesia González, A Coruña, 1863. (Citado polo ''Diccionario de Diccionarios'')
* RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: ''Diccionario enciclopédico gallego-castellano''. Galaxia, Vigo 1958-1961.
* RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: ''Diccionario enciclopédico gallego-castellano''. Galaxia, Vigo 1958-1961.
===Ligazóns externas===
* [http://www.ff.up.pt/toxicologia/monografias/ano0708/g25_centeio/tox.html Alcalóides da Cravagem do Centeio]


[[Categoría:Intoxicacións alimentarias]]
[[Categoría:Intoxicacións alimentarias]]

Revisión como estaba o 8 de abril de 2009 ás 19:48

Cornizó do centeo

O ergotismo, denominado no uso coloquial como "fogardente", "fogo ardente" ou "fogo de San Antón", é unha enfermidade causada pola inxesta de alimentos contaminados por micotoxinas (toxinas producidas por fungos parasitos), ou por abuso de medicamentos que conteñan esta mesma substancia. Está causado fundamentalmente polo cornizó ou caruncho (Claviceps purpurea) que contamina o centeo e, moito menos frecuentemente, a avea, o trigo ou a cebada.

Foi descrito por vez primeira por Dodart en 1676, en enfermos que presentaban transtornos psíquicos, dolores musculares e gangrenas nos pés tras consumir pan feito con centeo contaminado. Galeno xa describira uns cadros similares pero non estableceu relación ningunha coa alimentación.

Sintomatoloxía

As substancias activas nas micotoxinas son todas polipéptidos derivados do ácido lisérxico. Os efectos do envelenamento poden traducirse en alucinacións [1], convulsións e fenómenos vasoconstritores, que poden conducir á necrose dos tecidos e a aparición de gangrena nas extremidades, principalmente. A enfermidade empezaba manifestándose cun frío intenso e repentino en todas as extremidades para converterse nunha queimazón aguda (de aí os nomes populares de fogo ardente, fogo de San Antón e outros). Moitas vítimas lograban sobrevivir pero quedaban mutiladas: podían chegar a perder todas as extremidades. Nas mulleres embarazadas producía invariablemente abortos.

Existía outra variante desta intoxicación na que o paciente sufría intensas dores abdominais que finalizaban nunha morte súbita.

Epidemioloxía

Eladio Rodríguez deixounos esta descrición:

Fogo de San Antón, enfermedad epidémica que hizo grandes estragos en los siglos XI al XVI y que consistía en un ardor cutáneo abrasador y en dolores intolerables, acompañados de una especie de gangrena generalmente mortal. A veces ennegrecía, secaba la piel, extendíase por todo el cuerpo y terminaba por hacer desprenderse las carnes y los huesos.

De feito, durante a Idade Media as intoxicacións por ergotismo eran tan frecuentes que se crearon hospitais onde os frades da orde de San Antón dedicábanse en exclusiva a coidar destes enfermos. Estes frades levaban hábito escuro cun gran T azul no peito.

A última intoxicación colectiva de ergotismo sucedeu en Francia na aldea de Pont-Saint-Esprit o ano 1951.

Terapéutica popular en Galicia

En Galicia [2], os manciñeiros utilizaban para curar a intoxicación a terra de nove toupeiras:

Conocí á un niño que padecia ese fuego, en la parte anterior de un muslo, llegando ya á echar aguadilla ó serosidad. Acuérdome que sus padres le mandaron á una vieja ensalmadora, quien pedia al paciente llevase tierra fresca de nove toupeiras, y me parece, un poco de unto. El muchacho mismo me dijo que le untaba por lo ménos con la tierra y que hacia cruces ó bendiciones sobre la llaga, pronunciando palabras que no entendia, y otros pormenores que no me acuerdo, pero renovaré si tuviere ocasion de preguntarlo. Lo que sé es que la escoriacion desapareció sin que se reprodujese, que yo sepa. Yo atribuyo esta cura cierta á la virtud de la tierra, prescindiendo de todo lo demás que no era más que un modus vivendi.

Tamén se utilizou o unto do porco. O tratamento consiste en facer cruces sobre a parte enferma con unto de porco mollado en auga á vez que se recita este ensalmo:

"O pai andaba labrando,
levoull’a filla o xantar.
Miróu pr’o montiño Albar
e dixo: ¿Quen vén alí?
O que ven é un Fogo Ardente
que anda ahora pola xente.
¿Qué remedio hai pró o curar?
Unto de porco pacente
i-auga da fonte eternal.
Co poder de Dios e da Virgen María,
un Padre Nuestro/ e-unha Ave María" (LIS QUIBÉN:278).

Outro remedio é facer cruces sobre o peito do enfermo cunha poliña de oliveira á vez que se recita este ensalmo:

"Santa Lilaina co seu pai iba,
camiñando por os montes noite e día.
Oh, meu pai, ¿qué era aquelo que relocía?
Era o Fogo Ardente que tanto mal facía.
¿Con qué se curaría?
Con unto de porco macho desalado,
querendo Dios/ e a Virgen María" (LIS QUIBÉN:278).

Notas

  1. Isto deu lugar á cuestión case lendaria do "pan da tolemia" e dos Misterios eleusinos.
  2. Francisco Javier Rodríguez, 1863.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • LIS QUIBÉN, Víctor: La Medicina Popular en Galicia. Madrid 1949 (reed. Akal, Madrid 1980).
  • PÉREZ BURKHARDT, J. L.: "Isquemia aguda secundaria a ergotismo", en Anales de Medicina Interna" 2004, vol. 21, nº 2, 63-64. Dispoñible en [1] [consultado o 8.04.2009]
  • RODRÍGUEZ, Francisco Javier : Diccionario gallego castellano, edición preparada por Antonio de la Iglesia González, A Coruña, 1863. (Citado polo Diccionario de Diccionarios)
  • RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.

Ligazóns externas