Cultura de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Hugo22 (conversa | contribucións)
Nova páxina: Galicia ten a súa orixe cultural na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa. Os primeiros poboadores de Galicia son os n...
 
Hugo22 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
Galicia ten a súa orixe cultural na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]]. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]].
[[Galicia]] ten a súa orixe cultural na [[Megalitismo en Galicia|cultura megalítica da fachada atlántica europea]] e na [[cultura castrexa]]. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos [[oestrimnios]] e outros pobos de orixe [[indoeuropea]]. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á [[cultura dos castros]] entre o [[macizo galaico]] e o [[río Douro]], cultura na que deixaron a súa impronta tamén os [[Imperio Romano|romanos]].

Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os [[suevos]] farán de Galicia o primeiro Reino independente de [[Europa]], máis adiante, este reino será anexionado polos [[visigodos]]. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a [[viquingo]]s, [[bretóns]] e [[musulmán]]s. Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica dúas cidades galegas serán atacadas: [[Santiago de Compostela]] e [[Lugo]]. O reparto do antigo reino visigodo, que se fai entre [[árabe]]s, [[sirio]]s e [[bérber]]es, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do [[Magreb]], así que deciden non asentarse.

Revisión como estaba o 30 de decembro de 2008 ás 11:15

Galicia ten a súa orixe cultural na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos oestrimnios e outros pobos de orixe indoeuropea. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á cultura dos castros entre o macizo galaico e o río Douro, cultura na que deixaron a súa impronta tamén os romanos.

Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os suevos farán de Galicia o primeiro Reino independente de Europa, máis adiante, este reino será anexionado polos visigodos. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a viquingos, bretóns e musulmáns. Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica dúas cidades galegas serán atacadas: Santiago de Compostela e Lugo. O reparto do antigo reino visigodo, que se fai entre árabes, sirios e bérberes, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do Magreb, así que deciden non asentarse.

Galicia, ao igual que outros territorios da Península Ibérica, tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade xudía, principalmente na zona de Ribadavia e Ourense. Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende América Latina, dende as Illas Británicas e dende o centro de Europa, grazas ao Camiño de Santiago.

Cultural e lingüísticamente as comarcas españolas do Bierzo (Castela e León) e o Eo-Navia (Asturias) son análogas a Galicia. Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindantes portuguesas de Tras-os-Montes e Baixo Minho na música, nos costumes e nas tradicións.

A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia.