Gérson: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Quorthom (conversa | contribucións)
Quorthom (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Entradución}}

{{InfFut |
{{InfFut |
nome = Gérson|
nome = Gérson|

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2008 ás 19:40

Modelo:InfFut

Gérson de Oliveira Nunes (nado o 11 de xaneiro de 1941, en Niterói) coñecido simplemente como Gérson é un futbolista brasileiro. Xogaba como mediocampista. O seu alcume era "O Canhotinha de Ouro". Está considerado coma un dos mellores pasadores da historia do fútbol brasileiro.

Carreira

O alcumado "Canhotinha de Ouro", foi campión do mundo no ano 1970. Era quen de facer pases de máis de corenta metros, colocando con grande precisión o balón onde quixera. Xogou en diversos clubes brasileiros, coma o Flamengo, e tamén o Botafogo, o São Paulo e o Fluminense, tendo sido por este clube campión carioca no ano 1973 e rematando a súa carreira neste clube.

Gérson tamén ficou famoso nos anos setenta por protagonizar unha campaña publicitaria de cigarros, na cal dicía "Gosto de levar vantagem em tudo" ("Gústame levar vantaxe en todo"). Esta frase resumía a corrupción que sufría o Brasil, ficando popularmente coñeecida coma lei de Gérson. O propio Gérson lamentou que o seu nome vaia ligado a este defecto do seu país, que nin ten que ver co seu xeito de ser nin coas súas ideas.

Mentres estivo en activo, os seus compañeiros chamáballe "Papagaio", pois sempre gustou de falar moito sobre fútbol.

Tra-lo seu retiro, fíxose comentarista deportivo, traballando en varios medios. A día de hoxe atópase no programa Jogo Aberto Rio. Amáis diso, tamén coordina unha escola de fútbol na súa cidade natal.

Títulos

Flamengo
Botafogo
São Paulo
Fluminense
Brasil