Gérson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gérson
Gérson de Oliveira Nunes.jpg
Nome completo Gérson de Oliveira Nunes
Nacemento 11 de xaneiro de 1941
Lugar Niterói,
Posición Mediocentro
Información de club
Club actual Retirado

Gérson de Oliveira Nunes, coñecido simplemente como Gérson, nado o 11 de xaneiro de 1941 en Niterói, é un futbolista brasileiro. Xogaba como mediocampista. O seu alcume era "O Canhotinha de Ouro". Está considerado coma un dos mellores pasadores da historia do fútbol brasileiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O alcumado "Canhotinha de Ouro", foi campión do mundo no ano 1970. Era quen de facer pases de máis de corenta metros, colocando con grande precisión o balón onde quixera. Xogou en diversos clubs brasileiros, coma o Flamengo, e tamén o Botafogo, o São Paulo e o Fluminense, tendo sido por este club campión carioca no ano 1973 e rematando a súa carreira neste club.

Gérson tamén ficou famoso nos anos setenta por protagonizar unha campaña publicitaria de cigarros, na cal dicía "Gosto de levar vantagem em tudo" ("Gústame levar vantaxe en todo"). Esta frase resumía a corrupción que sufría o Brasil, ficando popularmente coñecida coma lei de Gérson. O propio Gérson lamentou que o seu nome vaia ligado a este defecto do seu país, que nin ten que ver co seu xeito de ser nin coas súas ideas.

Mentres estivo en activo, os seus compañeiros chamáballe "Papagaio", pois sempre gustou de falar moito sobre fútbol.

Tralo seu retiro, fíxose comentarista deportivo, traballando en varios medios. A día de hoxe atópase no programa Jogo Aberto Rio. Amais diso, tamén coordina unha escola de fútbol na súa cidade natal.

Títulos[editar | editar a fonte]

Flamengo
Botafogo
São Paulo
Fluminense
Brasil