Pirámide de necesidades de Maslow: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:
== Necesidades fisiolóxicas ==
== Necesidades fisiolóxicas ==


No nivel inferior da pirámide residen as necesidades básicas como a inxesta de [[alimento]]s, [[auga]] e [[aire]], pero tamén a necesidade de durmir, o movemento físico, a excreción e o [[sexo]], entendido como reprodución non como un pracer. En resumo, a necesidade de manter e defender o organismo humano. Só cando esas necesidades están satisfeitos, as necesidades pasan ó nivel seguinte. Se hai [[fame]] ou [[sede]], non se pensa en máis nada.
No nivel inferior da pirámide residen as necesidades básicas como a inxesta de [[alimento]]s, [[auga]] e [[aire]], pero tamén a necesidade de durmir, o movemento físico, a excreción e o [[sexo]], entendido como reprodución non como un pracer. En resumo, a necesidade de manter e defender o organismo humano. Só cando esas necesidades están satisfeitos, as necesidades pasan ó nivel perra. Se hai [[fame]] ou [[sede]], non se pensa en máis nada.


== Necesidades de seguridade ==
== Necesidades de seguridade ==

Revisión como estaba o 21 de novembro de 2023 ás 16:09

1: necesidades fisiolóxicas.
2: necesidades de seguridade.
3: necesidades sociais.
4: necesidades de estima.
5: autorrealización.

A pirámide de necesidades de Maslow é unha representación gráfica en forma de pirámide das necesidades humanas deseñada polo psicólogo estadounidense Abraham Maslow no seu traballo A Theory of Human Motivation (1943). Segundo a súa teoría as necesidades humanas deben ser atendidas desde a base da pirámide, onde residen as necesidades fisiolóxicas, para poder chegar á cima da pirámide, onde está a autorrealización.

Necesidades fisiolóxicas

No nivel inferior da pirámide residen as necesidades básicas como a inxesta de alimentos, auga e aire, pero tamén a necesidade de durmir, o movemento físico, a excreción e o sexo, entendido como reprodución non como un pracer. En resumo, a necesidade de manter e defender o organismo humano. Só cando esas necesidades están satisfeitos, as necesidades pasan ó nivel perra. Se hai fame ou sede, non se pensa en máis nada.

Necesidades de seguridade

O seguinte nivel inclúe as necesidades emocionais como seguridade, estabilidade, orde, protección. Só cando as necesidades de primeiro e segundo nivel son satisfactorias, hai interese por pasar ó nivel seguinte.

Necesidades sociais

Atópanse aquí as necesidades sociais da comunidade, o amor, a amizade. É tamén a importancia de sentirse aceptado polo contorno, familia, veciños e compañeiros de traballo, e mais tamén como un cidadán na súa comunidade.

Necesidades de estima

Neste nivel sitúanse as necesidades de estima, respecto propio, confianza, habilidades, recoñecemento, status e dignidade. Estas necesidades son importantes, pero só cando as necesidades dos tres niveis inferiores están satisfeitas.

Autorrealización

Ó nivel superior acceden só as persoas que cumpriran as necesidades dos catro niveis anteriores, a xente con traballo creativo, que procura retos e que teñen un desexo de desenvolver e empregar as súas habilidades.