José Cabalar Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Cabalar Rodríguez
Biografía
Nacemento1917 Editar o valor em Wikidata
Galicia, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de maio de 1943 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Barbadás, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

José Cabalar Rodríguez, nado cara a 1917 e finado en Barbadás o 8 de maio de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño do Viso (Santo André de Penosiños, Ramirás). Foi detido pola Garda Civil o 23 de abril de 1941 e posto a disposición do gobernador civil de Ourense. Procesado na Causa 580/1942 de Ourense xunto con Josefa Augusto Rodríguez, José Rivera Losada e Andrés Rodríguez Pérez. Desertou do Cuartel de San Francisco en Ourense con José Rivera Losada o 5 de abril de 1943. Acusados de atracos en Ramirás e Barbadás, foron perseguidos e abatidos pola Garda Civil de Celanova o 8 de maio de 1943.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Correo Gallego, 13-5-1943, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]