Joaquín Lage Fernández
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1913 (110/111 anos) Quilous, España |
Morte | Francia |
Datos persoais | |
Outros nomes | Xoqui |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mineiro , membro da resistencia |
Joaquín Lage Fernández, coñecido como Xoqui, nado en Quilous (Cacabelos) en 1913 e finado en Francia, foi un mineiro e guerrilleiro antifranquista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mineiro e militante libertario de Quilous. Logo da caída de Asturias en outubro de 1937 foi líder dun grupo da zona de Arganza e Cacabelos. Despois formou parte do grupo de Florentino Rodríguez Pico ata 1940, cando o grupo foi disolto. Con Antonio Vega Guerrero, outro supervivente do grupo, sumáronse ao grupo do cenetista Serafín Fernández Ramón e á Federación de Guerrillas de León-Galicia. Joaquín Lage logrou marchar a Francia en 1948.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 85. ISBN 84-8485-231-8.