Elisabetta Sirani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaElisabetta Sirani

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1638 Editar o valor em Wikidata
Boloña Editar o valor em Wikidata
Morte28 de agosto de 1665 Editar o valor em Wikidata (27 anos)
Boloña Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturabasílica de San Domingos Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo italiano Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArtes visuais Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Boloña Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , gravadora Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato, alegoria (pt) Traducir, pintura relixiosa, pintura de xénero, Pintura de historia e pintura mitolóxica Editar o valor em Wikidata
MovementoBarroco Editar o valor em Wikidata
AlumnosGinevra Cantofoli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
PaiGiovanni Andrea Sirani (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnna Maria Sirani (pt) Traducir e Barbara Sirani (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Elisabetta Sirani, nada en Boloña o 8 de xaneiro de 1638 e finada na mesma cidade o 28 de agosto de 1665, foi unha pintora e impresora barroca italiana que morreu en circunstancias pouco explicadas aos 27 anos.[1] Foi a artista feminina máis famosa nos principios da idade moderna en Boloña e estabeleceu unha academia para outras mulleres artistas.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Elisabetta Sirani naceu en Boloña en xaneiro de 1638, primeira dos catro fillos de Margherita e Giovanni Andrea Sirani. Sirani naceu nunha familia de artistas e aprendeu no estudio do seu pai,[3] pintor da escola de Boloña, alumno de Guido Reni e mercador de arte. A súa biografía está incluída no libro Felsina pittrice: vite de'pittori bolognesi (Vidas dos pintores boloñeses) de Carlo Cesare Malvasia, publicado en 1678.[4] Malvasia era coñecido persoal da familia Sirani e foi que recoñeceu o talento de Elisabetta e persuadiu o seu pai para que a adestrase como artista, a pesar de que iso foi probabelmente por autoengrandecerse.[5] Hai evidencias de que o pai de Sirani non estaba inicialmente inclinado a ensinar a súa filla o estilo da pintura boloñesa. Aínda así adquiriu a técnica e converteuse nunha das pintoras máis recoñecidas da cidade e o seu culto medrou ata considerala a reencarnación feminina de Guido Reni. Segundo algúns eruditos, ela eclipsou tanto o seu pai como as súas dúas irmás, tamén pintoras. Na súa biografía de Sirani, Malvasia enxalza a orixinalidade das súas composicións, o seu estilo de debuxo, a súa maneira rápida de traballar e a súa profesionalidade, contrastándoa coa de Lavinia Fontana, unha pintora boloñesa anterior que describiu como tímida.[6]

Cando arredor de 1654, Giovanni Andrea Sirani quedou incapacitado pola gota Elisabetta comezou a dirixir o obradoiro familiar.[7] Elisabetta Sirani era nese momento o sostén da familia. Entre os pagamentos dos seus alumnos e os encargos de retrratos, podía manter a familia. O seu estudio tiña un éxito incrible, probabelmente debido á atmosfera progresiva de Bologna, onde as mulleres artistas eran aceptadas e celebradas.[8]

Matrimonio[editar | editar a fonte]

Elisabetta Sirani nunca casou, a pesar da súa personalidade cariñosa, temperamento animado e os seus modos corteses. Algúns creron, como Malvasia, que o seu pai evitou que a súa filla casase, mais non hai probas diso. Moitas familias italianas do século XVII decidían casar as súas fillas para preservar a súa reputación ou darlles protección. A casa Sirani non tiña necesidade diso e determinou que Elisabetta podería axudar a familia.[9]

Morte[editar | editar a fonte]

Elisabetta Sirani morreu de súpeto en agosto de 1665, en Boloña. A súa morte foi considerada sospeitosa e unha criada, Lucia Tolomelli, foi acusada de envelenala e enviada a xuízo. Considerouse sospeitosa porque Tolomelli pedira finalizar o seu servizo poucos días antes da morte de Sirani. Giovanni Andrea Sirani retirou os cargos pouco despois do xuízo.[10] Laura Ragg comenta que Sirani faleceu a “unha idade considerada nova de feito para morte, mais totalmente tarde para matrimonio”. Malvasia atribuíu a súa morte ao mal de amores, porque Sirani nunca casou.[11] A causa real da morte posiblemente fose por un ataque de peritonite após unha úlcera péptica.[12] Isto puido ser o resultado da intensa tensión á que tivo que entregarse despois de que recaese sobre ela o mantemento completo da súa casa.

Catafalco de Elisabetta Sirani, 1665

Sirani tivo un elaborado funeral que incluíu un enorme catafalco cunha escultura a tamaño natural da artista (ilustrado na biografía de Malvasia), oracións e música composta na súa honra por prominentes cidadáns de Boloña, e foi enterrada na Basílica de San Domenico, na mesma tumba que o profesor do seu pai, Guido Reni.[13] O funeral público de Sirani foi considerado por algúns, incluíndo Laura Ragg, como unha elexía a Boloña, a cidade na que viu a luz a Sirani, considerada polos seus contemporáneos unha artista precoz e prolífica. Sirani foi descrito por un poeta como o pincel lamentado. Malvasia suxire que non foi envelenaba senón que sufriu unha condición que xurdiu espontaneamente no corpo dunha “muller vivaz e animosa, ocultando ata o grao máis alto a súa arela dun marido quizais cobizado mais negado a ela polo seu pai”. Un oficial de cidade do seu tempo escribiu que “ela foi chorada por todos. As señoras especialmente as que eloxiaron os seus retratos, non poden soportar a paz sobre o feito. De feito, é unha desgraza grande perder unha artista tan grande dun xeito tan estraño”. O ostentoso e elaborado funeral que recibiu reflicte a alta estima que recibiu dos seus contemporáneos e a súa fama internacional.

Obra[editar | editar a fonte]

Aínda que a súa prematura morte limitou a súa carreira a apenas unha década, Sirani deixou unha produción sorprendentemente ampla: 200 pinturas, así como debuxos e diversos gravados.

A amplitude da produción pictórica de Sirani fixo pensar nunha participación masiva de axudantes, xa que as súas irmás Barbara e Anna Maria eran tamén pintoras e tivoo por discípulas máis de doce mulleres que chegaron a exercer profesionalmente. A artista fixo demostracións públicas en resposta a quen cuestionaba a autoría dos seus cadros.

Nos seus debuxos a lapis e tinta, Sirani introducía fortes contrastes de luces. Exemplo diso é Caín matando a Abel do castelo de Windsor. Nas súas pinturas, pola contra, foi menos persoal e suavizou o clarescuro con sombras tostadas, máis en consonancia coa escola boloñesa. Polo xeral, as súas composicións son de formato medio e simples en canto a deseño e manteñen un ton agradable e decorativo de indubidable atractivo comercial.

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

Sirani aparece referenciada na obra de Judy Chicago The Dinner Party[14]

En 1994, recibiu o seu nome un cráter do planeta Venus.[15]

A pintura de Sirani A virxe co neno de 1663, da colección do Museo Nacional das Mulleres nas Artes de Washington, D.C., foi seleccionada para a serie de selos das vacacións de Nadal do United States Postal Service en outubro de 1994.[16] Foi a primeira obra dunha muller escollida para devandita serie.

O seu cadro Herodías coa cabeza de Xoán o Bautista aparece na portada do álbum None So Vile do grupo canadense Cryptopsy (1996).

Gallery[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Malvasia 1678, Vol II, 453–467.
  2. Modesti, 1-2
  3. Marter, Joan; Barlow, Margaret (2012-01-01). "PARALLEL PERSPECTIVES". Woman's Art Journal 33 (2): 2–2. JSTOR 24395282. 
  4. An English translation of the 1841 edition is provided in Dabbs, 121-32.
  5. Dabbs, 121.
  6. Malvasia 1678, Vol II, 453 e Dabbs 122.
  7. Modesti, 1.
  8. Artist Profile: Elisabetta Sirani.
  9. Ragg, Laura (1907). Women Artists of Bologna. Methuen & Co. 
  10. Malvasia 1678, Vol II, 479 and Dabbs, 131.
  11. Malvasia 1678, Vol II, 479-80 e Dabbs, 123.
  12. Moedsti, 1
  13. Malvasia 1678, Vol II, 463. Malvasia also reproduces a number of the orations throughout his text.
  14. "The Dinner Party". Brooklyn Museum. Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  15. "Sirani". Gazetteer of Planetary Nomenclature. International Astronomical Union (IAU) Working Group for Planetary System Nomenclature (WGPSN). Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  16. "Christmas Holiday Stamps". United States Postal Service: Our History. United States Postal Service. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Artist Profile: Elisabetta Sirani'Arquivado 06 de novembro de 2018 en Wayback Machine.'. National Museum of Women in the Arts.
  • Bohn, Babette. "Elisabetta Sirani and drawing practices in early modern Bologna," Master Drawings, vol. 42, no. 3 (Autumn 2004): 207–236.
  • Frick, Carole Collier et al. Italian Women Artists: From Renaissance to Baroque. Nova York: Rizzoli, 2007. Catálogo dunha exhibición no National Museum of Women in the Arts, Washington, D.C. ISBN 9788876249198
  • Dabbs, Julia K. Life Stories of Women Artists, 1550-1800: An Anthology. Burlington, VT: Ashgate, 2009, 121–132. ISBN 9780754654315
  • Malvasia, Carlo Cesare. "Di Gio. Andrea Sirani e di Elisabetta sua figlivola", Felsina pittrice, vité de pittori bolognesi (2 vols, Bologna, 1678), vol. II, 453–487. Digital Edition: http://catalog.hathitrust.org/Record/000461733.
  • Modesti, Adelina. Elisabetta Sirani 'Virtuosa' Women's Cultural Production in Early Modern Bologna. Turnhout, Belgium: Brepols, 2014. ISBN 9782503535845
  • Ottavio Mazzoni Toselli, Di Elisabetta Sirani pittrice bolognese e del supposto veneficio onde credesi morta nell’ anno XXVII di sua età. Bologna, 1833.
  • Laura M. Ragg. The Women Artists of Bologna. Londres, 1907, 229–308.
  • Germaine Greer, The Obstacle Race: The Fortunes of Women Painters and Their Work. Londres, 1979, 218–220.
  • Babette Bohn, "The Antique Heroines of Elisabetta Sirani," Renaissance Studies, vol. 16, no. 1 (marzo de 2002): 52-79.
  • Babette Bohn, "Female self-portraiture in early modern Bologna", Renaissance Studies, vol. 18, no. 2 (xuño de 2004): 239–286.
  • Jadranka Bentini e Vera Fortunati Pietrantonio. Elisabetta Sirani. Pittrice eroina, 1638-1665. Bologna: Editrice Compositori, 2004. ISBN 8877944668
  • Adelina Modesti. Elisabetta Sirani: una virtuosa del Seicento bolognese. Bologna: Editrice Compositori, 2004. ISBN 8877944455.
  • Whitney Chadwick. Women, Art, and Society. Londres, 2012. ISBN 978-0500204054.