Godescalco de Benevento
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | I milenio |
Morte | 743 |
Causa da morte | homicidio |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Duke of Benevento (en) (740–743) |
Godescalco [1], finado no ano 743, foi duque de Benevento desde 740 ata o seu asasinato.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Godescalco subiu ao trono sen a aprobación do rei. Co contemporáneo retorno de Trasimundo II ao poder en Spoleto, a cólera de Liutprando caeu sobre a Italia meridional. Tras ocuparse de Trasimundo, Liutprando volveuse cara Benevento, onde Godescalco se aprestaba a fuxir. O duque xa cargara un barco con provisións e coa súa familia e esposa, Anna, cando o matou o pobo, fiel á memoria de Romualdo II. A súa muller e familia escaparon a Grecia.
Ducado de Benevento | ||
---|---|---|
Segue a: Gregorio de Benevento |
Godescalco de Benevento | Precede a: Xisulfo II de Benevento |
- |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ tamén escrito Gottschalk ou Gotteschalchus.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tradución ao inglés da Historia Langobardorum, de Paulo Diácono.(en inglés)