Escudo de Betanzos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Betanzos.

O escudo de Betanzos componse, en campo de azur, dunha torre de dous corpos de prata sostida por unha ponte de tres arcos de idéntico metal, sobre augas de río ao natural. Flanquean a torre, tres a cada lado, seis roeles de ouro. Por timbre, unha coroa real.

Historia[editar | editar a fonte]

O escudo representa unha das pontes medievais de entrada á cidade de Betanzos, caracterizadas no pasado por contar cunha torre defensiva situada no seu centro, denominada "Caramona". Porén, non está claro a cal de devanditas pontes corresponde: se á "Ponte Nova", que cruzaba o río Mendo e que foi derrubada en 1969 para ampliar o trazado da estrada N-VI; ou á "Ponte Vella", que aínda na actualidade cruza o río Mandeo ao seu paso pola localidade. En canto aos roeles, representan o seis monterías que rodean a cidade.

O brasón máis antigo de Betanzos que se coñece data do século XV, e atópase esculpido nun dos arcosolios da Igrexa de San Francisco de devandita cidade. Descuberto en 1961, carece dos seis roeles que na actualidade, e dende polo menos o século XVI, flanquean a torre.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]