Escuadrón de Vigilancia Aérea 10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°43′21″N 8°55′21″O / 42.72247, -8.92253

EVA 10
Escuadrón de Vixilancia Aérea 10 no monte Iroite.

Data de Construción:1980
País:España España
Efectivos:?
Superficie:? hectáreas
Mapa da situación
EVA 10 en España
EVA 10
EVA 10
Situación da Base

Escuadrón de Vigilancia Aérea 10 (EVA 10) é unha base militar do éxercito do aire español situada no cumio do monte Iroite na comarca de Noia, no límite dos concellos de Boiro, Lousame e Porto do Son.

A base aérea militar do Exército Español foi creada en 1980. O primeiro continxente de tropas chegou ao centro en 1981, se ben non comezou a estar operativo até o 1 de decembro de 1984. Foi inaugurado oficialmente o 6 de novembro de 1985 polo baionés José Santos Peralba Giráldez, Xeneral Xefe do Estado Maior do Exército do Aire, coa asistencia do Presidente da Xunta de Galicia Xerardo Fernández Albor. Ten realizado misións operativas en colaboración co Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, o Instituto Nacional de Meteoroloxía e a Universidade de Santiago de Compostela[1]. A base está equipada con rádar Indra Lanza 3D[2].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Escuadrón de Vigilancia Aérea nº10 (EVA 10) y Acuartelamiento Aéreo Barbanza". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2015. Consultado o 01 de outubro de 2015. 
  2. "España ‘apaga’ el último radar americano de un escuadrón de vigilancia aérea". Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2015. Consultado o 01 de outubro de 2015.