Escolas asociadas á UNESCO

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da UNESCO

A Rede do Plan de Escolas Asociadas da UNESCO (redPEA) (ASPnet en inglés), comunmente coñecida como Escolas Asociadas da UNESCO, está formada por un conxunto de centros educativos repartidos por todo o mundo. Consta de máis de 8000 centros educativos, entre os cales atopamos escolas parvularias, primarias e secundarias e institutos de formación superior. O principal obxectivo desta organización é o de seguir os principios que marca a UNESCO relacionados entre outros temas coa cultura, a paz, os dereitos humanos, a igualdade entre as persoas e o medio ambiente. A rede PEA que naceu a partir do ano 1953 ten entre os seus fins o achegamento entre alumnos e alumnas procedentes de realidades culturais diversas e axudalos a atopar solucións fronte ás problemáticas do presente século. Para lograr isto, un dos eixos que vertebran este proxecto é a comunicación de experiencias entre o alumnado dos diversos países e a elaboración de proxectos comúns que axuden a mellorar o noso planeta.

Principais temas tratados pola rede PEA[editar | editar a fonte]

Os principais temas tratados son:

  • A problemática do noso planeta e as súas posibles solucións, entre as que destaca o rol da ONU para a solución de ditos conflitos.
  • Os Dereitos humanos no mundo
  • O coñecemento da existencia doutras culturas e outros modos de vida.
  • A protección fronte á deterioración do medio ambiente e o consumo de recursos.

Obxectivos da rede PEA[editar | editar a fonte]

Características da rede[editar | editar a fonte]

  • Fomentar dende a participación a non-violencia, a paz e a democracia empregando como principal ferramenta a educación.
  • A propia UNESCO porporciona información sobre os proxectos aos que cada escola está subscrita.
  • Editase un boletin da UNESCO, que é unha revista na que se intercambia información sobre os distintos proxectos que constrúen as escolas.
  • A interrelación entre centros de diversas localides e países, onde se fomenta a comunicación e a irmandade entre eles.

Escolas galegas da rede de Escolas UNESCO[editar | editar a fonte]

Parvularios[editar | editar a fonte]

Escolas primarias[editar | editar a fonte]

Educación Secundaria[editar | editar a fonte]

Proxectos UNESCO nos que participan escolas galegas[editar | editar a fonte]

As escolas galegas partipan en varios proxectos xunto con outras de distintos países, entre eles podemos destacar os seguintes:

  • Rompendo o silencio: este proxecto céntrase na traxedia que supuso para o noso mundo a "trata de escravos" e dalgún xeito está a continuar na actualidade coas máis recentes formas de escravitude. Os centros subscritos a este proxecto son o IES Luis Seoane-Pontevedra e o IES Pedra da Auga-Ponteareas e nel participan escolas da Rede PEA de África, América, o Caribe e Europa.
  • O proxecto Atlántico: é un "proxecto Faro" da UNESCO no que participan escolas de varias partes do mundo como galegas, portuguesas, caboverdianas, andaluzas e brasileiras. O obxectivo deste proxecto é facer un estudo das características naturais e ambientais da área atlántica, e adquirir o compromiso na defensa do seu patrimonio natural, detectando os problemas e propoñendo posibles solucións fronte a problemáticas como a medioambiental. A maioría dos centros da rede galega están subscritos a este proxecto.
  • O Patrimonio nas mans das e dos mozos": E outro proxecto internacional que ten como obxectivo a promoción e preservación do patrimonio mundial natural e cultural. Tamén participan bastantes escolas da rede galega.
  • Comunicación Internacional con Acenos Universais:Comunicación entre mozos e mozas de tódolos países do mundo. Cada un deles fala na súa propia lingua, acompañada de acenos universais (GESTUNO). Así poden entenderse persoas de calquera país.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CEIP Campolongo
  2. CEIP Froebel
  3. IES Illa de Ons
  4. "IES Luis Seoane". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 14 de febreiro de 2020. 
  5. IES Pazo da Mercé
  6. IES Pedra da Auga

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]