CEP Campolongo
CEP Campolongo | |
---|---|
Enderezo | |
Rúa Xeneral Rubín nº 3 36001 Pontevedra | |
Datas | |
Creación | 1972 |
Educación | |
Ensinanzas | educación primaria |
Xestión | |
Tipo | público |
Titularidade | Xunta de Galicia |
Director | Silvia Ana Ruano Portela |
Na rede | |
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/ |
O CEP Campologo (antigo CEIP Campolongo) é un colexio de primaria público de Pontevedra.
O colexio está no barrio de Campolongo, un dos máis modernos de Pontevedra, formando parte do parque de Campolongo, cunha longa historia pola súa relación coa antiga Estación Vella do Ferrocarril, co Río dos Gafos, cos seus muíños, pontes, lavadoiros, antigo cuartel militar etc.
Manuel Jabois recrea en Malaherba a súa panda de amigos do colexio Campolongo.[1]
Creación
[editar | editar a fonte]Nos inicios foi un centro piloto, destinado a introducir ensinanzas e experiencias innovadoras no ámbito da educación primaria en Galicia.
En 1972, o Ministerio de Educación e Ciencia, co “Plan de Urgencia para Galicia 1972”, a través da "Junta de Construcciones, Instalaciones y Equipamiento Escolar", aprobou a construción dun Centro Escolar no barrio pontevedrés de Campolongo (onde anos atrás estivera a estación do tren), para impartir a Educación Xeral Básica (EXB), un centro de 16 unidades. O Director da construción foi Ramón Estalella e Manso de Zúñiga. As obras comezaron o 1 de marzo de 1972 e remataron o 30 de setembro do mesmo ano.[2]
Comezou a funcionar no curso 1973-1974 como centro experimental (CEP), cos espazos adaptados para impartir sesións e temas xerais en macrogrupos e cunha metodoloxía propia, impulsada pola súa primeira directora teresiana, María Jesús García Sánchez, quen pretendía acercar a filosofía do centro á do Colexio vangardista Somosaguas de Madrid. Esta filosofía foi apoiada polo inspector Federico Cifuentes Pérez e estaba baseada nos Principios Pedagóxicos da Educación Personalizada de Victor García Hoz.[3] Unha mostra do vangardismo do centro era a utilización xa en 1974 das novas tecnoloxías aplicadas á educación, impartíndose clases prácticas en circuíto pechado de televisión e comezando a traballar con ordenadores.[2]
Nos primeiros anos non existía a xornada única, traballábase mañá e tarde con horas de exclusiva incluídas: xuntanzas, coordinacións, atención aos pais/nais.
Características
[editar | editar a fonte]Coa posta en marcha da LOGSE, o centro funcionou cunha liña de Educación Preescolar de tres anos, outra para catro e outra para cinco anos, xuntamente con tres liñas para toda a EXB, chegando mesmo a catro liñas durante máis de 10 anos, o que supoñía unha matrícula de case mil alumnos. Para solucionar o problema da liña 4 optouse por eliminar a liña de preescolar do centro e coller só as 3 liñas de infantil do colexio anexo (EEI Concepción Crespo Rivas). Rematou o proceso de preescolar no curso 2012-13, pasou de ser un CEIP a ser CEP. No curso 2019-20 xa non había ningún nivel con liña catro. Na década de 2020 funciona como un CEP (Centro de Educación Primaria) de liña tres e cunha matrícula arredor dos 525 alumnos/as e cun claustro de 37 profesores, incluíndo dous profesores especialistas en Educación Física, unha profesora en Educación Musical, catro en Linguas Estranxeiras (Inglés e Francés) e tres de Relixión (unha delas pertencente o Claustro e dúas compartindo docencia con outros centros). Conta tamén con especialistas en Audición e Linguaxe, Pedagoxía Terapéutica, Orientadora, ademais dos servizos de dúas coidadoras para atender alumnos/as con necesidades educativas especiais.[2]
O centro nútrese de alumnado do anexo centro adscrito EEI Crespo Rivas, separado só por un enreixado e compartindo o comedor situado no CEP Campolongo. O alumnado, unha vez rematada a Primaria, ten como centro adscrito par facer a Secundaria e o Bacharelato o IES Sánchez Cantón.
A actividade educativa do centro vese complementada co traballo da Asociación de Nais e Pais (ANPA) que conta cunha cifra próxima ao 90% de asociados.
As instalacións contan cunha superficie aproximada de 3.500 m², distribuídas da seguinte maneira:[2]
- Edificio de Dirección-Administración cos despachos de: Dirección, Xefatura de Estudos e Secretaría; despacho de ANPA, Biblioteca, Aula de Informática e Conserxería.
- Edificio con dezanove aulas de Educación Primaria, Titorías por niveis, aula de P.T., aula de A.L., Departamento de Orientación, Aula de Idiomas, Aula de Audiovisuais, Sala de Usos Múltiples e Sala de Profesores.
- Edificio anexo utilizado como comedor. Antes eran 3 aulas de Educación Infantil.
- Edificio para Actividades Deportivas (Pavillón e Patio Cuberto).
- Vivenda do Conserxe (finalmente utilizada como almacén)
- Parque infantil.
- Patios de recreos e deportes.
- Pistas polideportivas exteriores de uso compartido cos veciños e veciñas.
No curso 2020-2021 Polo Correo do Vento realizou un mural no que representa a historia do colexio.[4]
Profesorado
[editar | editar a fonte]No primeiro curso Arquivado 23 de outubro de 2022 en Wayback Machine., 72-73, estiveron mestres como Victoriano A. Vidal Pazos, profesor contratado durante dous anos e un trimestre do terceiro (futuro director do colexio de Vilaverde[5]) ou a profesora en prácticas María Luísa Villanueva V., desde o 2008-09 até o 2019-20. Tamén a que foi a decana do centro, Mª Elena Pardilla Santolaya,[6] ademais de José Luís Argibay Álvarez, que traballou parte do curso como contratado, quen seguía colaborando nos últimos magostos que se fixeron no centro até a chegada da pandemia da COVID-19.
Nos primeiros cursos era profesorado provisional en servizos especiais, moitos mestres novos procedentes dos renovados plans de estudo do Maxisterio. En 1977 incorpóranse os cinco primeiros profesores/as definitivos/as procedentes do concurso de traslados, e en 1978 dezaseis definitivos, cesando os provisionais. A partir deses anos, o claustro do centro foise consolidando con profesores definitivos con contrastada experiencia.
Nos primeiros anos de funcionamento, para a formación continua do profesorado, recorreuse a profesores das Universidades de Madison e Stanfor de USA, así como a destacados pedagogos da época (Santiago Posteguillo, Padre Díaz de Rábago), que impartiron cursos de actualización no colexio de Campolongo.[2]
No 2004 xubiláronse Salomé Soutelo, María del Carmen Cortizo, Marina Laredo, Pilar García Alonso e Rosa Díaz.[6] No 2006 María Jesús Rodríguez Rodicio, Emilia Clapés Cons e Eduardo Seco Pérez.[7] Tamén foron profesores Marina Paz, Elisardo Balea e a súa muller María del Carmen, José Fariña e outros moitos.
Foron directores: Mª Jesús García Sánchez, Luís Sieiro Fernández, Marcial Pantín Folgar..., Marisol Lorenzo, José Carlos Otero, José Manuel Sánchez Moure, e actualmente Silvia Ana Ruano Portela .
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Navalón, Ful (2020-04-15). "1000 y un libros y reseñas: Malaherba (Manuel Jabois)". 1000 y un libros y reseñas. Consultado o 2022-07-31.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Historia do CEP Campolongo". edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo. Consultado o 31 de xullo de 2022.
- ↑ Guerrero, Javier Pérez; Ruiz, Josu Ahedo (2020-04-01). "La educación personalizada según García Hoz". Revista Complutense de Educación (en castelán) 31 (2): 153–161. ISSN 1988-2793. doi:10.5209/rced.61992.
- ↑ "Mural Polo Correo do Vento - CEP Campolongo". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2022-07-31.
- ↑ "Los muros del colegio Vilaverde recuerdan a su antiguo director, Don Victoriano Vidal Pazos". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 2022-07-31.
- ↑ 6,0 6,1 "Despedida por todo lo alto". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-06-24. Consultado o 2022-07-31.
- ↑ "Despedidas de compañeros". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-06-28. Consultado o 2022-07-31.