Escape Room: Tournament of Champions
| Escape Room: Tournament of Champions | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||
Escape Room: Tournament of Champions (estreado nalgúns mercados como Escape Room: No Way Out e Escape Room 2: Deadly Game) é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Adam Robitel e escrito por Will Honley, Maria Melnik, Daniel Tuch e Oren Uziel. É a secuela do filme de 2019 Escape Room e está protagonizado por Taylor Russell, Logan Miller e Deborah Ann Woll (nos mesmos papeis ca no filme anterior) e os novos membros do elenco Indya Moore, Holland Roden, Thomas Cocquerel e Carlito Olivero. Conta a historia dun grupo de seis persoas que tentan sobrevivir a unha nova serie de escape rooms mortais.
Logo de que o primeiro filme se convertese nun éxito sorpresa en 2019, Columbia Pictures aprobou a secuela. Robitel regresou como director, con Schut como guionista, e con Russell e Miller de novo como protagonistas. A rodaxe realizouse en Cape Town, Suráfrca dende novembro de 2019 até xaneiro de 2020, con algunhas escenas adicionais rodadas en 2021.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Taylor Russell como Zoey Davis[2]
- Logan Miller como Ben Miller[2]
- Deborah Ann Woll como Amanda Harper
- Holland Roden[3] como Rachel Ellis[4]
- Indya Moore[3] como Brianna Collier[4]
- Thomas Cocquerel[3] como Nathan[4]
- Carlito Olivero[3] como Theo
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jordan, Waylon (27 de xaneiro de 2020). "Escape Room 2' Has Officially Wrapped Filming in South Africa". ihorror.com. Consultado o 27 de xaneiro de 2020.[Ligazón morta]
- 1 2 Sneider, Jeff (3 de outubro de 2019). "Exclusive: Isabelle Fuhrman Joins Taylor Russell, Logan Miller in Escape Room 2". Collider. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2020. Consultado o 3 de novembro de 2019.
- 1 2 3 4 N'Duka, Amanda (18 de outubro de 2019). "Escape Room 2: Sony Sets Lead Cast for Sequel". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2019. Consultado o 21 de decembro de 2019.
- 1 2 3 Lambros, Stephen (26 de maio de 2021). "There's No Way Out Of The Escape Room: Tournament Of Champions Trailer". GameRant. Consultado o 10 de xuño de 2021.