Escape room
Un escape room é un xogo físico de aventuras no que os xogadores resolven unha serie de crebacabezas empregando contrasinais, combinacións e estratexia para completar os obxectivos. Os xogadores teñen un tempo límite para solucionalo e descubrir as chaves agochadas en cada un dos cuartos. Os escape rooms están inspirados nos videoxogos deste estilo, e están ambientados nunha gran variedade de locazacións científicas, como celas de prisión, alxubes e estacións espaciais, e son populares como exercicios de team building.
As primeiras escape rooms foron creadas na década de 2000, e fixéronse populares nos Estados Unidos, no Xapón, en Taiwán, no Canadá, en Israel e na China na década de 2010. Os primeiros escape rooms en lugares fixos foron abertas en Asia[1] e máis tarde en América do Norte, Europa, Australia, Nova Zelandia, Rusia e América do Sur.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The unbelievably lucrative business of escape rooms". MarketWatch. Consultado o 20 de xullo de 2015.
- ↑ "Escape Room Directory". Escape Room Directory. Consultado o 11 de decembro de 2015.
- ↑ Raspopina, Sasha (23 de xullo de 2015). "Great escapes: the strange rise of live-action quest games in Russia". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 16 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Escape room |