Ernst Nordin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de marzo de 1934 (90 anos) Selånger, Suecia (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Ernst Erik Axel Nordin, nado en Selånger, condado de Västernorrland, en 1934, é un escultor, pintor, medallista e deseñador de moedas sueco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Enst Nordin recibiu a súa educación artística na Konstfackskolan (Universidade de Artes, Artesanía e Deseño) e na Academia de Belas Artes, ambas en Estocolmo.[1][2]
Como escultor, modelou varias esculturas públicas instaladas non só en Estocolmo, senón en diversas cidades de todo o país, como Umeå, Trelleborg, Boden, Sundsvall ou Linköping.[3] Unha das súas esculturas públicas máis sobranceiras é Non Serviam (1980), sita na rúa Malmskillnadsgata, Estocolmo.[2] Tamén é salientable a súa colección de retratos para salas.[1]
Ademais, foi o creador de decenas de medallas, entre as que destaca a dedicada a Carl Linnaeus (2007). Arredor de 40 medallas foron creadas para institucións como a Academia Sueca de Ciencias, a Universidade de Uppsala, a Real Casa da Moeda de Suecia e o Gabinete Real de Moedas de Suecia.[1]
Nordin foi tamén o creador dunhas 20 moedas da coroa sueca, tanto circulantes como conmemorativas, todas elas emitidas a nome do rei Carlos XVI Gustavo.[4] Tanto nas súas medallas como nas súas moedas, a arte de Nordin exprésase sinaladamente a través dos seus retratos.[1][2][3][5]
En paralelo ao seu labor creativo, Nordin desenvolveu tamén unha longa carreira docente, na Konstfackskolan e na Escola de Arquitectura do Real Instituto de Tecnoloxía, nesta última como profesor titular de Teoría da Forma.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2014: Medalla de ouro do Rei de Suecia (12ª edición).[2]
- 2015: Medalla Gunnar Holst, da Fundación Numismática Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Ernst Nordin". Lexikonett amanda. Sveriges Kulturnät.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Bergroth, T. C. (2014).
- ↑ 3,0 3,1 Voisin, M. A. (2003).
- ↑ Moedas suecas deseñadas por Ernst Nordin. Numista.com
- ↑ "Ernst Nordin & kronan". Myntbloggen.se
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ernst Nordin |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bergroth, T. C. (2014). ”En konstnär som ger kunglig glans”. En Svensk Numismatisk Tidskrift. 5 (setembro). Páxina 111.
- Voisin, M. A. (2003). "Ernst Nordin - ny utställning på Kungl. Myntkabinettet". En Svensk Numismatisk Tidskrift. 1 (febreiro). Páxina 15.
- Voisin, M. A. (2003-b-). Ernst Nordin. Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 91-89256-15-8